_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A Fundación abre a inscrición para a escola multideportiva de verán e os torneos de tenis, trimaratón e bádminton

A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía ten aberto ata o dia 28 de xuño o prazo de inscrición nas numerosas actividades que organiza durante a temporada de verán. Trátase das Escolas Multideportivas para nenos e nenas e os torneos de tenis, bádminton e trimaratón 3x3. A participación nos tres torneos é de balde e a cota nas escolas é de 12 euros mes e 18 por dous meses, con desconto do 25% para familias numerosas e gratis para socios da Fundación e familias cuxos ingresos non superen o IPREM. Os formularios de inscrición poden obterse a través do taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal e deben presentarse nas oficina da Fundación, sitas en Fexdega
13.06.2019.- O XVII de Tenis celebrarase nas canchas de Fexdega a partir do 8 de xullo. Establécense catro categorías en función das idades. Na A participarán os xogadores e xogadoras nados entre os anos 2011 e 2007 (de 8 a 12 anos) e na B os nados entre o 2006 e o 2002 (de 13 a 17 anos). Na categoría absoluta masculina e feminina competirán os tenistas maiores de 18 anos e na categoría de veteranos os nados no ano 1968 e anteriores.

O III Torneo de Bádminton xogarase na modalidade de dobres cada venres dos meses de xullo e agosto no pavillón de Fexdega. Dispútase en categoría absoluta para persoas nadas no ano 2001 e anteriores.

O Trimaratón 3x3, que tamén cumpre a súa terceira edición, tamén se disputará nas instalacións de Fexdega cada martes e xoves do mes de xullo e está dedicado á categoría promoción para rapaces e rapazas nados entre os anos 2003 e 2001.
Por último, as Escolas Multideportivas de Verán están destinadas a nenos e nenas nados no período do 2005 ao 2011. Constan das escolas multideportivas propiamente ditas, a celebrar dous días á semana en sesións de hora e media cada unha na zona da Praia da Concha-Compostela; e da escola de patinaxe en liña, a desenvolver en Fexdega un día á semana en sesións de hora e media. Nos dous casos as actividades celébranse en horario de mañá. Os interesados poderán inscribirse en unha das actividades ou nas dúas e elixir a participación durante un mes o dous. A cota xeral é de 12 euros por un mes e 18 polos dous. Maila isto, as actividades son de balde para os socios da Fundación e para as familias cuxos ingresos non superen o IPREM. Tamén hai un desconto do 25% para as familias numerosas.

Piragüismo e remo

A maiores destas actividades, tamén segue aberto ata o día 21 de xuño o prazo de inscrición para as Escolas Náuticas de Verán de piragüismo e remo organizadas pola Fundación de Deportes


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -