CULTURA
O Concello informa sobre a retirada de invitacións para asistir aos concertos gratuítos do Clasclás O Concello de Vilagarcía informa do procedemento que se seguirá para a retirada das invitacións que se porán a disposición da cidadanía para asistir aos concertos gratuítos a desenvolver no marco do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía “Clasclás”. Estes concertos son o inaugural, que ofrecerá no Auditorio a Orquestra Sinfónica de Galicia, o de clausura e os que ofrecerán mentores e participantes no YAP na Praza da Peixería e no Salón García. Os únicos concertos gratuítos que non precisarán retirada de invitación son os que se celebrarán nas igrexas de Santiago Apóstolo de Carril e de San Martín de Sobrán, en Vilaxoán.
20.06.2019.- Os veciños que desexen asistir a estes eventos musicais deberán retirar as invitacións nos lugares e horas indicados a continuación:
Concerto Inaugural OSG • 27 Xuño Retirada de entradas na billeteria do Auditorio Municipal o xoves 27 a partir das 11 horas da mañá e ata a finalización das mesmas. (Máximo 4 entradas por persoa)
Concerto Clausura • 6 Xullo Retirada de entradas na billeteria do Auditorio Municipal o sábado a partir das 18 horas (Máximo 4 entradas por persoa)
Concertos do Salón García e Praza da Peixería Retirada de entradas dende unha hora antes do concerto no lugar de celebración do mesmo. (Máximo 2 entradas por persoa)
Para os concertos que teñan lugar nas Igrexias de San Martiño de Sobrán o mércores 3 ás 11:00 horas (vertente social e comunitaria) e na Igrexa de Santiago do Carril o xoves 4 e o venres 5 ás 12:30 horas, non é preciso a retirada de entradas.
Por outra banda, xa están completamente esgotadas as entradas para asistir aos concertos de pago que se celebrarán nos pazos da Golpelleira e Rubiáns.