_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Adxudicado o subministro e posta en marcha do sistema de xestión tributaria e recadación do concello por 399.300 euros

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta mañá adxudicar a adquisición e posta en marcha do novo sistema de xestión tributaria e a plataforma EDITRAM co obxecto de adaptar os sistemas informáticos ás necesidades e obrigas das administracións do século XXI. O contrato, dividido en dous lotes adxudicouse por un importe total de 399.300 euros, é dicir 95.590 euros por debaixo do prezo de licitación. O investimento necesario para levar a cabo esta importante mellora tecnolóxica e operativa no Concello finánciase cos fondos europeos concedidos ao proxecto “Vilagarcía Avanza” a través da EDUSI. O prazo de execución é de 17 meses.
01.07.2019.- O contrato inclúe ademais do soporte tecnolóxico propiamente dito, os servizos de instalación e migración de datos, formación do persoal, configuración dos sistemas, posta en marcha, asistencia técnica, mantemento e soporte. O sistema de xestión tributaria, recadación e inspección propiamente dito adxudicouse á empresa Gestión Tributaria Local S.A por 372.680 euros, mentres que a plataforma EDITRAM (o soporte técnico) a firma INDRA Soluciones Tecnológicas de la Información S.L.U. por 26.620 euros.

Coa implantación deste sistema Concello poderá cumprir na súa totalidade a lexislación en canto a Administración Electrónica. A nivel interno, en canto á operatividade da administración, elevará a eficiencia na xestión interna, o que se traducirá nunha maior axilidade na tramitación. Permitirá conectar telematicamente os diferentes servizos municipais para que poidan compartir bases de datos, información ou expedientes, situación que non permite o actual sistema adquirido hai 20 anos.

Tamén permitirá conectar todos os servizos do concello ás demais administracións. Deste xeito, o Concello terá acceso directo a datos e poderá intercambiar información con outros organismos, así como facer trámites, por exemplo coa oficina do Catastro, a Axencia Tributaria, a Dirección Xeral de Tráfico, Correos, Notarias ou a plataforma de entidades financeiras. Todo elo permitirá facer a notificación electrónica, tanto para o cidadán, como con outras administracións

A posta en marcha deste novo sistema de xestión tributaria, recadación e inspección, tamén ofrecerá moitos beneficios ao contribuínte que, por exemplo, poderá facer a súa propia planificación de pago de tributos segundo mellor lle conveña (fixar os prazos que desexe). Ademais, terá a posibilidade de realizar calquera trámite dende a súa casa, sen necesidade de trasladarse ao Concello, ademais de consultar telematicamente e de forma inmediata todos os seus datos e os trámites que ten no Concello (consulta dos seus bens, recibos pagados ou pendentes de pago, recibos domiciliados, presentación de solicitudes, altas e baixas…).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -