_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicada a implantación de lámpadas led en 1.330 puntos de luz de camiños do rural

Digámel Arousa será a empresa que se encargará de executar a primeira fase do Plan de Renovación e Mellora do Alumeado Público no rural e en zonas da periferia de Vilagarcía. A Xunta Local de Goberno adxudicou esta mañá o contrato mediante o cal se actuará en 23 vías e camiños para substituír por lámpadas led un total de 1.330 puntos de luz. O investimento que realiza o Concello nesta obra ascende a 191.518 euros que financia integramente o Concello con parte do superávit do ano 2017.
08.07.2019.- A actuación que se vai a levar a cabo nos vindeiros meses ten como finalidade mellorar a calidade do servizo de alumeado público no marco das políticas de aforro e eficiencia enerxética iniciadas xa hai uns anos. Os traballos consistirán na substitución das actuais lámpadas por outras de tecnoloxía led, que consumen moita menos enerxía e melloran a calidade lumínica. En concreto, adquiriranse 810 unidades de luminarias de vial LED de 50 watios e 520 de 30W.

Esta primeira fase de renovación do alumeado público no rural desenvolverase en tramos da Rúa Xiabre (xunto á canteira), Rúa do Cruceiro de Galáns, Rúa do Pazo, Rúa Combe, Rubiáns de Arriba, Rúa Veiga de Abaixo, lugar de Xesteira, carreteira Piñeiro, Rúa Canteira e Campo da Festa (A Laxe), lugar de O Lago, Rúa San Antonio (Faxilde), Rúas Amizade e Progreso (A Torre), Rúa Sobradelo e Campo da Festa, Rúa Sarxento Solla, Rúa Espiñeiros (Cea), Rúa Lagoa, Vilar de Arriba, Fontecarmoa (xunto a rotonda da vía rápida), Quintáns- carreteira Zamar, Praza Lino Arcos Salgado e Río Leiro (Zamar), Rúa Souto e Cornazo de Abaixo (Cornazo), Rúa Antuín (Trabanca Badiña), Calle Sobreira e Urbanización O Rial, Rúa As Carballas e Rúa Curvelas (Cea).

O proxecto, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do servizo público, tamén é unha eficaz medida de aforro xa que, a adaptación á tecnoloxía LED suporá a redución dun 69,23% respecto ao consumo eléctrico actual nestas zonas, o que monetariamente se traduce nun aforro anual de 69.164 euros, segundo se indica na memoria realizada polos Servizo Municipal de Electricidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -