_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
A brigada de BATA reforza os efectivos municipais que combaten os pinchos do “abrojo” na praia

A loita contra o “abrojo”, a planta que enche de pinchos as praias da Concha Compostela, continúa esta semana cunha nova batida que están a levar a cabo operarios do servizo de Xardíns do Concello. Os efectivos municipais, que comezaron a extraer a planta onte, reforzáronse hoxe cos membros da brigada de BATA que colabora semanalmente co Concello. A eliminación de plantas e dos problemáticos pinchos prolongarase durante toda a semana.
07.08.2019.- Esta é a segunda batida que leva a cabo o Concello este ano para tratar de frear a expansión e chegar a erradicar do areal vilagarciá o "tribulus terrestris", vulgarmente coñecido como abrojo ou cadillo. Esta planta detectouse por primeira vez o ano pasado debido aos problemas que causan os seus froito cando secan e ser converten en duros ourizos con pinchos que se cravan nos pés descalzos dos bañistas e mesmo pinchas as rodas das bicicletas.

Os traballos que se están a levar a cabo seguen as instrucións dadas o ano pasado polos técnicos da estación Fitopatolóxica do Areeiro, á que se dirixiu o Concello para identificar a planta invasora e determinar o mellor xeito de actuar contra ela.
A extracción das plantas e dos pinchos diseminados polo areal ten que facerse de forma manual posto que o uso de maquinaria podería facilitar a dispersión da semente, ademais de que os medios mecánicos non son selectivos e segarían indiscriminadamente toda a vexetación. Esta circunstancia fai que a eliminación do abrojo sexa unha tarefa lenta e moi laboriosa e que debe realizarse con moito coidado para evitar os molestos pinchazos.

Os 3 operarios de Xardíns destinados onte á batida retiraron 6 bolsas cheas de plantas e pinchos. Hoxe o número de efectivos elévase a 8, coa intervención da brigada de BATA, polo que se espera que o resultado da extracción tamén s e multiplique.
Independentemente das batidas que continuarán realizándose ao longo do verán, o concelleiro de Medio Ambiente e praias, Diego García, comentou que se están facendo novas consultas con profesionais especializados para tratar de buscar unha solución definitiva contra a proliferación desta problemática especie vexetal nas praias de Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -