_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
Izada a bandeira vermella na praia da Concha Compostela pola aparición dunha mancha marillenta

A bandeira vermella ondea desde esta tarde nas praias da Concha-Compostela pola aparición dunha mancha na lámina de auga de cor entre Amarelo e parduzco. Aínda que todo apunta a que se trate dun proceso natural de fermentación dun alga debido as elevadas temperaturas das últimas xornadas, como medida de precaución o Servizo Municipal e Emerxencias optou por prohibir temporalmente o baño no areal vilagarcián.
23.08.2018.- A alerta deuse sobre as 15.38 da tarde cando se detectou unha mancha de cor amarelo nunha lámina de auga situada na zona da Concha, nas inmediacións do peirao do Ramal. Posto que inicialmente a zona afectada estaba bastante limitada, decidiuse izar a bandeira amarela de precaución e de acotar esa zona para evitar que os bañistas accederan a ela.
Pouco a tempo, a mancha foi estendéndose cara o norte, empurrada polo vento do suroeste, á vez que se ía obscurecendo o seu cor cara tonos máis parduzcos, razón pola cal ampliouse a alerta e, ás 17.40 horas, izouse a bandeira vermella e o baño quedou prohibido en todo o areal.

Tomáronse varias mostras que foron levadas ao Intecmar de Vilaxoán para ser analizadas, probablemente o luns cando se incorpore o persoal. A maiores da cor, a auga afectada é totalmente inodora e non presenta ningún outro síntoma, razón pola cal o persoal do Intecmar que recolleu as mostras apuntou a posibilidade de que se trate dun episodio inocuo resultante dun proceso biolóxico natural producido por unha alga como consecuencia das elevadas temperaturas. polo que o a evolución lóxica sería que fose remitindo nas vindeiras horas ata a súa completa desaparición,

Prégase aos bañistas que respecten as alertas e segan os consellos dos socorristas ata que a situación volva a normalidade.

Descartado o saneamento municipal como posible orixe da mancha


Co obxecto de comprobar todas as posibilidades sobre a posible orixe da mancha, o concelleiro de Servizos ordenou revisar toda a rede municipal de saneamento que discorre en paralelo ás praias da Concha Compostela. Tras inspeccionar toda a liña de colectores que vai dende Carril ata o bombeo situado nas inmediacións do pinar da Concha, así como o propio bombeo, corroborouse que as conducións estaban completamente limpas e libres de obstrucións e que o bombeo estaba limpo e funcionando correctamente. En consecuencia, queda descartado que a mancha sexa consecuencia dun verquido procedente da rede municipal de saneamento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -