_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
Aberto o prazo solicitar ou renovar o carné da Fundación de Deportes para a tempada 2019/20

A Fundación Municipal de Deportes informa que xa está aberto o abriuse o prazo para solicitar ou renovar o carné de socio para a temporada 2019/20. O carné, nas súas diferentes modalidades, permitirá ao usuario ou usuarios acceder de forma totalmente gratuíta ás actividades deportivas que imparte a Fundación ao longo do curso, así como ás instalacións deportivas municipais. As taxas do carné mantéñense nas mesmas sumas que os últimos anos, ao igual que as bonificacións. O formulario de solicitude pode obterse a través da web municipal ou na sede da Fundación (en Fexdega), onde debe presentarse unha vez cuberto xunto coa folla de pago.
03.09.2019.- Segundo as taxas aprobadas hai tres anos e que se manteñen sen variación para a temporada que comeza no mes de outubro, o carné familiar terá un prezo anual de 60 euros, mentres que o bonificado será de 50. O carne individual sénior custará 45 euros, mentres que o bonificado obterase por 30. Ademais, mantense o carné xoven por 30 euros por ano, cantidade similar que custará a tarxeta para menores de idades e tamén para maiores de 65 anos.

A inscrición nas actividades, a partir de mediados de mes

A obtención do carné da Fundación permitirá aos seus beneficiarios participar de balde nas diversas actividades deportivas de inverno que organiza o Concello (ata un máximo de catro modalidades por persoa). Tamén se pode optar por anotarse de forma individual ás actividades desexadas sen ter o carné, para o cal deberán abonar a cota correspondente a cada actividade. O prazo de inscrición nas actividades abrirase a mediados deste mes, unha vez aprobado o proxecto anual pro parte do Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2019  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -