_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A evolución do VaiBus! Marca un incremento do 10% durante o primeiro semestre do ano

O VaiBus!, o abono transporte subvencionado polo Concello de Vilagarcía, segue mellorando as súas cifras. Durante o primeiro semestre do ano 2019, as liñas de autobús urbano rexistraron un total de 67.289 desprazamentos financiados coa tarxeta de transporte local. Esta cifra, en comparación cos datos totais do ano pasado (exercicio que se pechou con 122.079 viaxes do VaiBus!), marcan unha evolución ao alza superior ao 10%, o que pon de manifesto a boa acollida que o abono de transporte municipal está a ter entre os vilagarciáns.
14.09.2019.- O VaiBus! foi unha das iniciativas máis innovadoras posta en marcha polo goberno de Alberto Varela no seu primeiro mandato no marco das políticas e acción tendentes a mellorar a mobilidade en Vilagarcía. Unha destas liñas era promover a utilización do transporte colectivo co obxectivo de aliviar o tráfico no centro da cidade, e para elo era preciso presentar aos vilagarciáns unha oferta atractiva e, sobre todo asequible. Isto logrouse asinándose un convenio de colaboración coa empresa concesionaria das liñas de transporte urbano en Vilagarcía, e unha achega económica do Concello para subvencionar o custe dos billetes.

Por 20 euros ao mes, a tarxeta VaiBús! permite ao seu titular usar de xeito ilimitado as liñas de autobús urbanas durante ese período. O módico prezo do abono é posible grazas á subvención municipal, que aporta 10 euros por abono mensual. A tarxeta é permanente, e o usuario pode portar por recargala cada mes, ou so aqueles meses que o precise.

Segundo os datos facilitados polo Grupo Abalo, o número de recargas realizadas durante o primeiro semestre do ano 2019 tamén evolucionou á alza respecto ao cómputo total do ano pasado. Nos doce meses de 2018 o número de recargas ascendeu a 3.287, e no primeiro semestre do ano en curso xa se levan realizado 1.759, superando folgadamente a metade do exercizo anterior. De manterse este ritmo, a finais de ano, as recargas realizadas terán aumentado un 7%.

115.000 euros

O VaiBús! entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2016 cunha partida inicial de 21.800 euros que, debido á constante evolución ao alza que mantén o abono transporte ano tras ano, o Concello foi incrementando en cada orzamento ata os 45.000 euros previstos para o actual exercicio. Dende a súa posta en marcha, hai tres anos e medio, o Concello leva destinado a financiar o VaiBus! uns 115.000 euros.

A esta cantidade hai que engadir os cartos que o Concello tamén destina para financiar os bonos transporte da Terceira Idade, que van aparte, así como os das liñas de bus ao Hospital, o VaiBus+, que forma parte doutro convenio subscrito entre o Concello e a empresa concesionaria das liñas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -