_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Comezan os traballos previos para deseñar o primeiro dos camiños escolares seguros

En medio das celebracións da Semana da Mobilidade, o Concello de Vilagarcía continúa desenvolvendo proxectos enmarcados na filosofía dunha cidade con menos coches e máis agradable, segura e cómoda para os peóns. Esta mesma mañá desenvolveuse a primeira reunión con colectivos dentro dos traballos previos para a redacción dos “Camiños escolares seguros”. Os directores dos centros educativos da Lomba foron os destinatarios da xuntanza na que se lles explicou a finalidade da iniciativa e as distintas fases que conlevarán os traballos previos nos que os centros comprometeron a súa colaboración.
17.09.2019.- A reunión, celebrada no colexio A Lomba, asistiron ademais dos responsables dos colexios da Lomba, Arealonga e Vagalume, a concelleira de Mobilidade, Paola María e o arquitecta adxudicataria da redacción do proxecto, Lorena Otero.

A intención do Concello é deseñar e crear camiños seguros para todos os centros educativos do municipio, aínda que se decidiu comezar polos da Lomba, porque este complexo, que aglutina a 3 colexios máis a Escola Infantil, é o punto de maior concentración de escolares do municipio e, consecuentemente, tamén de densidade de tráfico relacionada cos desprazamentos de entrada e saída aos colexios.

Segundo as medicións realizadas, máis de 900 escolares desprázanse a diario ata estes centros, ao redor dos cales circulan no breve intervalo de media hora, uns 600 vehículos particulares máis os do transporte escolar. Este fluxo repítese á hora de entrada e de saída, de aí que se faga necesaria a creación dos camiños escolares seguros que, ademais de fomentar os desprazamentos a pé, contribúan a reducir o tráfico de vehículos e a incrementar a seguridade viaria.
O camiño escolar seguro é unha vía de circulación “preferente”, elixida entre os percorridos máis utilizados polo alumnado, que facilita que ir a escola volva a ser unha experiencia de autonomía e contacto directo dos nenos e nenas coa súa contorna cotiá, o seu barrio e as súas xentes, utilizando modalidades de mobilidade non contaminantes como andar ou ir en bicicleta. Para deseñar este roteiro exento de riscos que os esolares poderán seguir a pé ou en bici, estudaranse os desprazamentos que fan na actualidade as familias, co obxecto de determinar cales son os máis frecuentados e trazar o camiño escolar en base a isto.

Para elo, o equipo redactor remitirá nos vindeiros días unha carta de presentación aos centros, explicando o proxecto, para que dende aí se faga chegar a todas as familias dos escolares. Na mesma misiva remitirase unha enquisa para que cubran as familias, en relación á ruta que fan a diario para ir ao colexio, o método de transporte utilizado e outros datos de interese para o estudo. Tamén se lles dará acceso a unha aplicación para o teléfono móbil a través da cal se poderán “mapear” os desprazamentos que se fan a diario para ir ao cole e determinar as rutas máis frecuentadas. Máis en diante, organizaranse charlas cos pai e nais dos alumnos para explicarlles directamente o proxecto, o resultado destes estudos, promocionar os camiños escolares seguros e conciencialos sobre o positivo da medida.

Ademais de contribuír a crear unha vila máis segura e acolledora, a promover a mobilidade sostible e a recuperar o uso e disfrute dos espazos públicos por parte da xente, a creación dos camiños escolares seguros tamén supón outro tipo de beneficios para os nenos e nenas das cidades, que ven incrementada a súa autonomía persoal ao poder ir sos á escola. Deste xeito, aprenden a manexarse pola cidade e adquiren coñecemento da súa contorna cotiá, á vez que asumen hábitos saudables como camiñar ou andar en bicicleta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -