_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Aberta a inscrición nas escolas deportivas de base, multideportiva e de psicomotricidade para rapazada de 4 a 15 anos

A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía acaba de abrir o prazo de inscrición nas actividades físico recreativas dirixidas á poboación infantil e xuvenil. Trátase das escolas deportivas de base, a de psicomotricidade e a multideportiva, nas que poderán participan rapaces e rapazas de entre 4 e 15 anos por unha cota simbólica de 12 euros ao ano, que pode verse reducida en base ás diferentes bonificacións existentes. Os interesados dispoñen de prazo ata o 2 de outubro para formalizar as inscricións cubrindo os formularios que poden obter nas dependencias da Fundación, en Fexdega, ou imprimir dende o taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal As actividades impartiranse do 7 de outubro ao 31 de maio.
24.09.2019.- As actividades lúdico deportivas para a rapazada se divide en tres tipo de escolas, en función da idade e capacidades dos participantes. Desta forma se traballa tendo en conta a fase evolutiva e as fases sensibles de aprendizaxe dos nenos/as, e desenvolver de forma correcta as diferentes capacidades físicas.

A Escola de Psicomotricidades está pensada para nenos e nenas de 4 e 5 anos (nados nos anos 2014-2015) e nela trabállanse aspectos como a coordinación, o equilibrio e os xogos en grupo. Na Escola Multideportiva participan cativos de 6 a 8 ano (nados entre os anos 2011e 2013) e aquí os participantes toman contacto coas diversas modalidades deportivas existentes, co fin de que no futuro poidan decantarse pola que máis lles guste ou mellor se lles dea. As Escolas Deportiva de Base están destinadas aos rapaces máis maiores, de 9 a 15 anos (nados entre o 2004 e o 2010). Aquí, os asistentes xa se teñen que decantar por algunhas das especialidades deportivas que se ofertan, 9 en total. A carta componse de patinaxe, baloncesto, tenis, volei, zumba, atletismo, artes marciais, fútbol, tenis de mesa, ximnasia rítmica e pádel, que se oferta este ano por primeira vez.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -