_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
22 empresas optan ao contrato da obra de ensanche da curva da Golpelleira

O proceso de licitación da obra de ensanche da problemática curva da Golpelleira entra na última fase. O xoves rematou o prazo de presentación de ofertas co resultado de 22 empresas interesadas en facerse co contrato para executar a obra licitada por 113.366 euros. Os servizos técnicos municipais deberán avaliar cada unha das ofertas para proceder á adxudicación dos traballos que inclúen a demolición da casa en ruínas situada na curva e o retranqueo do muro.
01.09.2019.- A actuación, que se financiará con fondos do Plan Concellos da Deputación, é unha das obras máis esperadas polos veciños da Torre, posto que a vía a ampliar é o principal acceso que teñen ao barrio e se trata dun punto conflitivo tanto para a circulación rodada -ao formarse un pescozo de botella nunha curva sen visibilidade-, como para os peóns -que teñen que camiñar por unha vía moi estreita e sen beirarrúas nin arcéns-. A obra a realizar permitirá que o tráfico transite de forma fluída pola zona e engadirá seguridade aos peóns

O proxecto a executar consiste na apertura da curva e ensanche do vial. Para o primeiro demolerase a vella vivenda situada sobre a curva, adquirida polo Concello por 10.000 euros, e para o segundo retranquerase o muro que delimita unha das marxes da calzada, grazas aos terreos conseguidos de balde polo Concello tras as xestións realizadas cos propietarios.

O muro a retranquear axustarase á aliñación prevista no PXOM nunha lonxitude de 97 metros, o que permitirá gañar o espazo suficiente para ampliar a vía e dotala dunha beirarrúa para que os peóns poidan transitar de forma máis segura e protexidos. O proxecto prevé tamén o soterrado dos cables do tendido eléctrico, a colocación de catro luminarias e o acondicionamento do acceso á primeira das vivendas situada tras a curva. Por último, pavimentarase a calzada.

Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses, polo que os veciños da Torre comezarán o novo ano cun acceso mellorado ao seu barrio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -