_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O concello pon en marcha un novo obradoiro para atención sociosanitaria e pintura, con vinte prazas

O Concello porá en marcha a partir de decembro un obradoiro dual de emprego chamado “Forme 19” que permitirá formar a 20 persoas nas especialidades de “Atención sociosanitaria a domicilio” e “Pintura decorativa en construción”. A formación durará nove meses e, tras superala, os participantes obterán un certificado de profesionalidade de nivel 2. Ademais de ter un contrato de traballo durante eses nove meses, como novidade este ano eses contratos cotizarán á Seguridade Social. Os interesados xa poden dirixirse á Oficina de Emprego para manifestar o seu desexo de participar nas probas de selección do alumnado, que se convocarán nas vindeiras semanas.
16.10.2019.- A posta en marcha deste obradoiro de emprego é posible despois que a Xunta valorase positivamente o proxecto elaborado polo concello e lle concedera, por iso, unha subvención de 336.446 € aos que se sumarían, de ser o caso, 28.500 € para incentivos á contratación por parte de empresas unha vez rematada a formación. Os traballos que terán realizar durante a formación consistirán, no primeiro módulo, na atención sociosanitaria a domicilio segundo as distintas patoloxías e á intervención socioeducativa a persoas con discapacidade; e no segundo módulo, á pintura de diversos espazos públicos e ao acondicionamento e revalorización de edificios e instalacións de titularidade municipal.

Para poder acceder a calquera das prazas ofertadas, os interesados deben cumprir algún destes requisitos: estar en posesión do título de graduado en ESO; do certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo formativos ao que desexa acceder; dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área; ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grado medio para o nivel 2.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -