_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación reparte 82.000 euros entre os clubs deportivos

O consello reitor da Fundación de Deportes vén de aprobar, por unanimidade, a concesión das axudas aos clubs correspondentes á tempada 2018. En total foron 82.000 euros a repartir entre as 26 entidades que xustificaron correctamente as súas actividades. Os máis beneficiados foron os clubs de baloncesto: AD Cortegada (8.814 €), BBC (7.023) e CB Vilagarcía (7.023). Os que menos, o Atlético Faxilde, FC (4669, o CB El Doce (452) e o Club Ciclista Xiabre (173).
17.10.2019.- Polo contrario, oito quedaron fóra por non ter cumprido coas esixencias das bases nin subsanar os erros detectados no tempo correspondente. Entre eles, os tres principais clubs de fútbol: o Arousa SC, o San Martín e o Atlético Arousana. No primeiro caso, porque no momento de presentar a documentación nin sequera cumpría cos requisitos para ser beneficiario de subvencións públicas, de acordo coas bases que regulan as subvencións de Fomento do Deporte Federado e a Lei de Subvencións; nos outros casos, por non ter debidamente xustificados, en tempo e forma, os gastos que xustificarían tal decisión.

Ademais dos tres clubs citados, tamén quedaron fóra do reparto polas mesmas razóns: Club Deportivo Pérez-SUB, Club Atlético Vilaxoán, Asociación Deportiva e Cultural Raspa, Club Deportivo Ximnasia Rítmica e CD Vilagarcía-Tenis de Mesa. Cabe lembrar, neste sentido, que todas entidades teñen un mes para presentar a documentación que se esixe e, aínda despois, outro prazo adicional para emendar os erros detectados pola Administración.

No reparto das subvencións, o conselleiro reitor aceptou dúas alegacións: unha, do club deportivo Bamio, que, conforme ao informe técnico da propia Fundación, a non presentación determinada documentación non foi imputable ao club senón a outras instancias; e, igualmente, tamén foi admitida una emenda para subir un punto na valoración ao Motoclub VFM pola súa participación no Campionato do Mundo (finalmente se lle concederon por este motivo 7 puntos, un máis que os 6 se dan por participar nun Campionato de España).

De acordo coas bases da convocatoria, que especifican os requisitos para recibir axudas, entre elas que non poden duplicarse con outras doutras administracións e que en ningún caso as axudas públicas poden chegar a superar o custe real da actividade, cada punto foi valorado en 34,77€. Tendo en conta esa premisa, a táboa final resultante foi esta:

AGRUPACIÓN DEPORTIVA CORTEGADA 8.414,34
BASKET BASE CLUB 7.023,54
CLUB BALONCESTO VILAGARCÍA 7.023,54
CLUB OLIMPIC VILAGARCÍA 6.049,98
CLUB DE XADREZ FONTECARMOA 5.737,05
CLUB VILAGARCÍA, S.D.5.424,12
CLUB DE REMO VILAXOÁN 4.554,87
ESCOLA DEPORTIVA DE AROUSA, S.D. 4.450,56
AGRUPACIÓN ATLÉTICA MAZÍ 4.415,79
ASOCIACIÓN DEPORTIVA AROUSA FÚTBOL-7 3.929,01
OS INGLESES RUGBY CLUB 3.824,70
CLUB DEPORTIVO SALVAMENTO VILAGARCIA 2.607,75
CLUB KENPO VILAGARCÍA 2.607,75
CLUB POLIDEPORTIVO C.P.C. EDUCACIÓN ESPECIAL 2.120,97
CLUB NATACIÓN VILAGARCÍA, S.D. 2.051,43
ASOCIACION DEPORTIVA E CULTURAL ENCESTARÍAS
(por balonmán, 44; por baloncesto, 13) 1.981,89
ESCUELA FÚTBOL SALA SALNES 1.912,35
CLUB DEPORTIVO BAMIO 1.738,50
CLUB DEPORNAUTIC AROUSA 1.390,80
CLUB ATENAS RUNNING VDA 1.077,87
MOTOCLUB VFM 1.043,10
VILAROUSA GIMNASIA 799,71
ASOCIACIÓN DEPORTIVA-CULT VILAGARCÍA ESGRIMA 695,40
ATLÉTICO FAXILDE C.F. 486.78
CLUB BALONCESTO EL DOCE 452,01
CLUB CICLISTA XIABRE 173,85

Quedan fóra:
CLUB DEPORTIVO PÉREZ-SUB
CLUB ATLETICO VILAXOÁN
CLUB SAN MARTIN
CLUB ATLÉTICO AROUSANA
ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL RASPA
CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RITMICA
CLUB DEPORTIVO VILAGARCÍA TENIS DE MESA
AROUSA SOCIEDADE CULTURAL
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -