_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As melloras da Praza de Abastos continúan co arranxo da cuberta da Praza Verdura, adxudicado por 69.700 euros

O goberno local de Vilagarcía continúa investindo na mellora e modernización do Mercado Público da cidade. Tras a segunda fase da reforma do edificio principal, agora tócalle á Praza da Verdura. A Xunta de Goberno Local adxudicou onte á empresa Innova Profesional Desarrollos S.L. a obra de reparación da cuberta deste pavillón por importe de 69.699,97 euros (IVE incluído). A actuación finánciase cos fondos europeos da EDUSI a través da liña de actuación para a recuperación de mercados tradicionais.
22.10.2019.- A cuberta da Praza da Verdura atópase actualmente en mal estado debido a súa antigüidade. A actuación a levar a cabo ten como obxectivo resolver os problemas de filtracións e de humidades que se rexistran no interior do edificio debido ás deficientes condicións de estanquidade que presenta da cuberta como consecuencia do desgaste sufrido polos materiais de cubrición co paso do tempo. Para resolver estes problemas, substituirase o material de cobertura de xeito que se garanta a estanquidade e impermeabilización da nave. Tamén se renovará o sistema de recollida de pluviais polo exterior da nave.

A oferta presentada por Innova foi a máis valorada no proceso de licitación posto que, ademais de rebaixar o prezo de saída fixado inicialmente en 94.385,70 euros (IVE incluído), presentou outras melloras como o incremento do prazo de garantía en 12 meses (polo que chega a 2 anos) e outras melloras en concepto dos materiais a utilizar e da instalación do revestimento interior do peto perimetral do pavillón por onde discorre a recollida de pluviais.

Unha vez adxudicada a obra, a empresa deberá asinar o contrato e presentar o plan de seguridade para, a continuación, poder iniciar os traballos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -