_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade pecha o programa “As mulleres na creación cultural” cun faladoiro, o espectáculo “Nabiza Girl” e o “Concurso de Concursos”

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pecha este venres 25 de outubro o programa “As mulleres na creación cultural” cunha serie de actos que se desenvolverán a partir das 19:00 horas no salón de actos do Liceo-Casino e que terán como aperitivo os pasacalles da fanfarria feminina Brassica Rapa. O programa da xornada ábrese cun faladoiro no que mulleres do mundo da creación cultural analizarán a situación das profesionais femininas neste sector. A continuación, a actriz galega Isabel Risco protagonizará o espectáculo “Nabiza Girl” e por último, a Asociación Arousa Moza sumarase á xornada cunha edición especial do seu “Concurso de Concursos”.
23.10.2019.- A creación cultural é un campo tradicionalmente dominado polos homes e de difícil penetración por parte das mulleres que conseguen acceder a el de forma profesional. Para tratar de que isto vaia cambiando, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organizou este programa formativo, divulgativo e de sensibilización que contou coa colaboración de mulleres que, con moito esforzo e a contra corrente, conseguiron facerse cun lugar destacado en profesións moi masculinizadas, como a banda deseñada, os videoxogos ou o fotoxornalismo.

Creadoras, docentes o e creadoras reúnense o venres para falar sobre “O papel das mulleres e a súa situación actual na produción creativa. Ser e estar na creación cultural”. Nesta actividade, que comeza ás 19:00 horas, intervirán Mariana Carballal, Profesora na ESAD de Galicia e de Comunicación Audiovisual en Pontevedra, directora e actriz integrante do grupo promotor de “Tempadas da Igualdade”; Luz Castro, docente de Comunicación Audiovisual, Creación Dixital, Animación e Videoxogos na UDC, cofundadora de Imaxin/software e da asociación videoxogo.gal e primeiro premio Ada Byron do CPEIG (2012); Andrea Barreira, autora de literatura infantil, xuvenil e fantástica, xestora cultural e integrante do colectivo feminista de crítica literaria A Sega; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria do programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra e Bea Camiña, co-directora do festival Elas Son Artistas experta en comunicación e produción de eventos.

A programación continuará dun xeito máis lúdico ás 21.30 horas co espectáculo “Nabiza Girl” que porá en escena a actriz galega galardoada co Premio Mestre Mateo 2015, Isabel Risco. Xusto ao remate, dará comezo o “Concurso de Concursos” organizado pola asociación Arousa Moza semanalmente e que, para a ocasión, versará especificamente na temática da muller na creación cultural, incidindo no papel das mulleres ao longo da historia nos diferentes campos que compoñen as clásicas categorías do Trivial (xeografía, historia, ciencia, arte e literatura, entretemento e deporte). Este concurso pon a proba os coñecementos das parellas participantes que competirán por premios que van dende entradas de cine a circuítos de spa, pasando por unha viaxe a Madrid con entradas para o musical O Rei León e ata por unha semana en Tenerife para dúas persoas.

Para a organización deste programa, a Área de Igualdade contou coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e co financiamento do Fondo Social Europeo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -