_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
As obras do acceso á Torre obrigan a desviar o tráfico de entrada ao barrio pola Rúa Nova e o de saída pola Rúa do Porto

O inicio das obras de ensanche do acceso principal ao bario da Torre a través da avenida López Ballesteros obrigan á desviar provisionalmente a circulación rodada de entrada e saída ao barrio dada a necesidade de cortar a rúa para executar a actuación. Dende o luns, xornada na que comezan os traballos coa demolición da casa que estrangula a curva, os vehículos que circulen dende o centro de Vilagarcía en sentido á Torre, só poderán acceder ao barrio a través da Rúa Nova. O tráfico de saída cara a cidade desviarase á altura da Praza de San Miguel cara a Rúa do Porto.
09.11.2019.- A empresa adxudicataria da obra cortará o luns a avenida López Ballesteros á altura do aparcamento do Pazo da Golpelleira por un extremo, e á altura do cruce coa Rúa Nova e a Rúa San Miguel, polo contrario. A circulación rodada no tramo intermedio a eses dous puntos estará prohibida.

Para salvar a situación o acceso á Torre dende Vilagarcía farase polo desvío da Rúa Nova e Rúa San Miguel, mentres que a saída de vehículos que baixen pola Rúa Berdón cara o centro urbano, deberán desviarse pola Rúa do Porto. O tramo da Rúa San Miguel comprendo entre o cruce coa Rúa Nova e a Praza de San Miguel contará cun sentido único de circulación de entrada ao barrio (excepto acceso a garaxes).

Tanto os cortes como os desvíos estarán convenientemente sinalizados

Como consecuencia destes desvíos e á dificultade de circulación dos autobuses por determinados puntos do rueiro, a parada do transporte escolar situada na Praza de San Miguel, trasladarase ás inmediacións do estacionamento do Pazo da Golpelleira, onde o Concello instalará unha marquesiña provisional para que os escolares se poidan resgardar.

O goberno local descúlpase ante os veciños polas molestias que estes cambios provisionais lles poidan ocasionar, pero lembra que son imprescindibles para poder levar a cabo o ensanche do acceso á Torre, una antiga reivindicación dos veciños deste barrio que por fin se verá cumprida, e unha necesidade para garantir a seguridade viaria. Ademais, advírtese de que os traballos se realizarán coa maior celeridade posibles para poder reabrir a vía canto antes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -