DEPORTE
Atletismo, vela, triatlón, kenpo e baloncesto aportan os seus candidatos ao mellor deportista do ano O xurado da XXIX Festa do Deporte Local de Vilagarcía reuniuse onte para seleccionar aos candidatos a recibir o Premio ao Mellor Deportista Local entre as propostas presentadas. Os cinco finalistas son Raquel Meaños (atletismo), Andrés López (triatlón), Jacobo García (vela), Pedro Muñoz (kenpo) e Jordi Aragonés (técnico de baloncesto). O xurado tamén fallou as mencións especiais que se concederán dentro das seis categorías existentes ás que este ano se engade a mención de honra a título póstumo concedida a Celestino Brianes Lojo.
26.11.2019.- Como marcan as bases dos premios que convoca a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía, o nome do candidato que finalmente reciba o Premio ao Mellor Deportista do Ano farase público no transcurso da Gala do Deporte Local, que este ano se celebrar´o 13 de decembro. Ademais de proclamar ao campión, tamén se recoñecerá aos outro catro finalistas e se concederán as mencións especiais entregadas a entidades e persoas destacadas pola súa labor de defensa e promoción do deporte, así como a técnicos e árbitros que teñan destacado. As mencións deste ano son para a xornalista gráfica Martina Miser, a empresa Garavilla, á Asociación Encestarías, á técnica deportiva Sandra Estrada, ao directivo José Ramón Santórum e ao club Atlético Arousana.
MÉRITOS DOS FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA LOCAL
 RAQUEL MEAÑOS ASENSI: Polo seus subcampionatos nacionais sub20 en 800 m. en pista cuberta e o aire libre, así como o campionato galego de milla urbana e a participación no mundial u20 na proba de 800m.  ANDRÉS LÓPEZ TORRES: Polos seus títulos nacionais de duatlón, acuatlón, triatlón sprint e triatlón cross.  JACOBO GARCÍA GARCÍA: polos seus títulos europeo e mundial sub17 na clase 420 de vela, así como o subcampionato na Copa de España e o terceiro posto no Campionato Nacional sub17 da clase 420.  PEDRO MUÑOZ FOLE: polos seus éxitos no campionato do mundo sub21 de kenpo, cun título en Kata e o subcampionato en semikenpo, ademais dos títulos autonómicos e nacional en combate, así como o subcampionatos nacionais en semikenpo e full kenpo.  JORDI ARAGONÉS POSSE: polo 3 posto no mundial sénior de baloncesto feminino como preparador físico da selección española absoluta.
MENCIÓNS ESPECIAIS POR CATEGORÍAS
 Medios de comunicación: a MARTINA OUBIÑA MISER, reporteira gráfica da Voz de Galicia.  Empresa GARAVILLA SL, polo seu apoio ao deporte local colaborando coa promoción e desenvolvemento do remo.  Organización de eventos para a A.D.C. ENCESTARÍAS. pola organización do VI Torneo Internacional EncestaRías.  Técnico deportivo a Dna. SANDRA ESTRADA FERNÁNDEZ, directora técnica e adestradora do Club Ximnasia Rítmica Vilarousa.  Persoa D. JOSÉ RAMÓN SANTORUM CANTO pola súa labor como directivo de Os Ingleses Rugby Club.  Traxectoria ao CLUBATLÉTICO AROUSANA, polos seus 25 anos como club de fútbol feminino.  Mención honra (a título póstumo) a D.CELESTINO BRIANES LOJO pola súa labor en diferentes entidades deportivas locais, así como pola súa labor como membro dos diferentes órganos de goberno da Fundación de Deportes dende a súa creación.