_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Aínda quedan prazas libres para participar na Cabalgata a bordo das carrozas reais

A Concellería de Cultura informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para que nenos e nenas poidan participar como paxes na Cabalgata de Reis a bordo das carrozas do séquito das Súas Maxestades. O prazo de presentación de solicitudes abriuse o pasado venres, 29 de novembro e, a día de hoxe, aínda non se cubriron as 60 prazas ofertadas. A Concellería informa de que aínda existen vacantes para que a xente non desista de formalizar as súas inscricións dentro do prazo establecido por pensar que xa están cubertas todas as prazas, como erroneamente se está a comentar nalgúns foros.
03.12.2019.- Como en edicións anteriores, o único requisito que deberán cumprir os rapaces e rapazas que desen acompañan aos Reis nas súas carrozas ter cumpridos os 7 anos e non superar os 16 e levar as vestimentas de paxe acordes coa temática da Cabalgata. Concellería. Os nenos máis pequenos o de 7 a 9 anos, distribuiranse entres as tres carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar; e os de 10 a 15 anos, nos tres carruaxes que levan os agasallos. Para os primeiros cóntanse con 24 prazas e para os segundo con 36. Como xa se dixo, aínda quedan prazas dispoñibles.

Os interesados dispoñen de prazo ata o día 13 de decembro para presentar as súas solicitudes, trámite que poden facer en calquera momento a través da sede electrónica ou presencialmente a través do Rexistro Xeral do Concello, neste último caso, tan so de luns a venres e en horario de 8.30 a 14.30 horas. En ambos casos o formulario de inscrición pódese obter do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal ou da sede.vilagarcia.gal. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición segundo o número de rexistro secuenciado cronoloxicamente de forma automatizada, tanto no caso de formalizar a solicitude a través da sede electrónica como presencialmente no Rexistro do Concello.

A lista cos nenos e nenas admitidos e, de ser o caso, a lista de agarda, publicarase o día 17 de decembro no taboleiro de anuncio da web municipal e no da sede.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -