_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello deseña a reforma do centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán para adaptalo ás necesidades dos colectivos

O Concello de Vilagarcía dispón xa do proxecto de reforma interior que se levará a cabo no centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán co obxectivo de adaptalo ás necesidades actuais dos colectivos que fan uso das instalacións situadas no Preguntorio. O proxecto prevé obras de mellora da accesibilidade ao salón de actos, ampliación de espazos para o club de remo e redistribución interior para habilitar novas dependencias para uso veciñal. A actuación está presupostada en 90.135 euros e financiarase con fondos propios a través da partida destinada ao plan de mellora e conservación das casa de cultura do Concello.
05.12.2019.- O proxecto redactado polo arquitecto municipal deseñouse en base ás necesidades trasladadas polos usuarios do centro: asociación de veciños e club de remo. O documento foi aprobado pola Xunta Local de Goberno e remitirase a Portos de Galicia a título informativo, posto que, pese atoparse en terreos portuarios en réxime de concesión, o edificio é de titularidade municipal, as obras previstas afectan unicamente ao interior do mesmo e non supoñen maior ocupación do espazo concedido nin ampliación do volume edificado.

Para dar resposta as necesidades actuais de carácter cultural, as obras consistirán en garantir a accesibilidade ao escenario do salón de actos construíndo unha rampla dende o vestíbulo. Tamén se habilitarán dúas novas dependencias, que se gañan a costa do espazo dedicado actualmente á cafetería e que estaba sobredimensionada e que se trasladará de emprazamento dentro do edificio. Isto permitirá construír un pequeno camerino con acceso adaptado.

Para mellorar os servizos das entidades sociais e veciñais, a redistribución interior a costa do bar tamén permitirá habilitar unha un despacho e unha sala de reunións.

De xeito complementario a estas actuacións, desmontarase a cafetería que se trasladará a un espazo máis reducido na fachada principal do edificio.

As adaptación que se levarán a cabo para atender ás necesidades do club de remo empezan coa ampliación do forxado do primeiro andar para destinar o novo espazo á zona de ximnasio. Os tabiques dos actuais despachos da planta baixa demoleranse co que se gañará superficie para o almacenamento de embarcacións e a actual zona administrativa situada no baixo, reubicaranse nun local do primeiro andar.
As obras completaranse coa reforma da instalación eléctrica e colocación de elementos de iluminación nas zonas que se amplíen ou reformen.

Os traballos aproveitaranse para realizar unha revisión xeral da cuberta do edificio e para labores de mantemento da mesma para arranxar filtracións, limpeza e selado de xuntas, emboquillados e canelóns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -