_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
O CIM convoca o XIV Premio para a Igualdade de Xénero “Boas prácticas na escola”

No marco do III Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía e das accións que desenvolve a área que dirixe Tania García, o Centro de Información á Muller (CIM) acaba de convocar o XIV Premio para a Igualdade de Xénero “Boas Prácticas na Escola” correspondente ao curso 2019-2020. A Xunta de Goberno local aprobou onte as bases do certame que ten como destinatarios aos centros de Ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato de Vilagarcía financiados con fondos públicos. Baixo o lema de “IgualDÁ”, este premio creouse coa intención de promover a igualdade entre nenos e nenas, previr e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos que se desenvolven ao longo dun curso nos devanditos centros e que involucren de forma activa ao seu alumnado.
10.12.2019.- Nestes premios poden participar proxectos presentados directamente polos centros educativos a través do profesorado, os departamentos ou a dirección, así como polas asociacións de pais e nais. Todos eles dispoñen de prazo ata o 30 de abril para formalizar a súa inscrición, achegando a descrición do proxecto, obxectivos e resultados acadados co mesmo durante a súa execución.

As propostas de boas prácticas que concorran ao a concurso deberán ser orixinais e non ter sido premiadas noutros concursos. Ademais, deberán tratar sobre o tema da educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero, cunha aplicación necesariamente práctica. Estes programas deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das propostas.

A Área de Igualdade do Concello concederá tres premios dotados cada un con 500 euros. As propostas serán avaliadas por un xurado composto pola concelleira de Políticas de Igualdade, o concelleiro de Educación e un representante do Consello Local da Muller, outro Consello Escolar Municipal e a directora do CIM.

O fallo dos Premios responderá ás tres propostas mellor valoradas polo xurado. Para elo teranse en conta criterios como a planificación e desenvolvemento do proxecto, os obxectivos e a coherencia das actuacións realizadas cos mesmos; o impacto ou resultado efectivo que tivo; o carácter innovador; o enfoque transversal ou o sostemento no tempo das accións, é dicir que teña como resultado cambios duradeiros que se poidan incluír nos Plans de Acción Anual, no Proxecto Educativo do Centro ou no Plan de Convivencia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -