_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello xestiona unha entrevista cos máximos responsables do Ministerio de Interior para aclarar o futuro do Garda Civil en Vilagarcía

Ante as confusas e contraditorias informacións xurdidas en torno ao proxecto de construción no novo Cuartel da Garda Civil previsto en Fontecarmoa, o Concello de Vilagarcía está xestionando a celebración dunha entrevista cos máximos responsables do Ministerio de Interior para aclarar o futuro deste corpo na cidade. O goberno local quere que se lle expliquen e concreten os plans efectivos que manexa actualmente o Ministerio. Si efectivamente se confirma que queda descartado o proxecto de Vilagarcía, o Concello solicitará a inmediata reversión do terreos cedidos para este fin en Fontecarmoa.
12.11.2019.- A información divulgada onte sobre a suposta reunificación dos efectivos da Garda Civil de Vilagarcía e Cambados neste último municipio, colleu por sorpresa ao goberno local de Vilagarcía que non só descoñecía esta opción, senón que, a maiores, confiaba en que o proxecto do novo cuartel en Fontecarmoa ía saír adiante despois de que a propia Delegación do Goberno confirmara en abril a existencia dunha partida de 2,8 millóns de euros para este fin. Precisamente, unha das preguntas que se realizará aos responsables de Interior na reunión que se está xestionando, é que ocorre con esa partida e cal será o seu destino definitivo.

As conversas mantidas onte a instancias do Concello coa Delegación de Goberno e o posterior comunicado emitido polo organismo asegurando que se reforzará a presenza da Garda Civil en Vilagarcía a través dos departamentos fiscal e aduaneiro, xeraron aínda máis confusión posto que, de ser confirmarse este extremo, o Ministerio tería que negociar a procura dos terreos ante Autoridade Portuaria, en cuxos terreos a Garda Civil xa dispón de instalacións a través do Punto de Inspección Fronteiriza, e non ao Concello que, como se sabe, non ten competencias en terreos portuarios.

Outra realidade é que nun municipio da entidade de Vilagarcía, as competencias de seguridade cidadá as ostentan a Policía Nacional e a Local. Consecuentemente, se o Ministerio confirma finalmente o cambio de criterio e a decisión de concentrar os servizos fora de Vilagarcía atendendo a criterios de eficacia, operatividade e racionalización, o Concello de Vilagarcía non vai a cuestionar a conveniencia da medida. O importante é que o servizo funcione de forma óptima, independentemente de dende onde opere.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -