_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Xa está aberta a inscrición para os cursos de galego (CELGA) presenciais e de teleformación

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nos distintos cursos homologados de lingua galega, tanto os que se impartirán de forma presencial como os de teleformación. O prazo para anotarse remata o día 19 de febreiro.
12.02.2020.- A Xunta de Galicia convoca anualmente os cursos de coñecemento da lingua galega (CELGA) nos seus diferentes niveis. Na modalidade de asistencia presencial, os cursos na provincia de Pontevedra impartiranse en Pontevedra para os niveis C2 e C4 e en Vigo para os C3 e C4. Na modalidade de teleformación impartirase en toda Galicia dous cursos do nivel C1 e en Pontevedra un C2, un C3 e dous C4.
.
A inscrición para os cursos de teleformación debe realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta a través do enderezo sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL600A&ano=2020&numpub=1&lang=gl

As persoas que desexen realizar a formación de xeito presencial poden tamén inscribirse telematicamente no mesmo enderezo electrónico ou cubrir, gardar, asinar, descargar o xustificante e imprimir o formulario dispoñible en https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/PL600A e logo presentalo no Rexistro do Concello ou no servizo Portelo Únicao de calquera administración.

Os cursos desenvolveranse entre finais de febreiro e mediados de maio.

Para solicitar máis información ou resolver dúbidas, os interesados poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello chamando ao teléfono 986 099 200, extensións 317 ou 319.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -