_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Educación leva aos institutos un espectáculo para dar a coñecer a “Rosalía de Castro en 4 cancións e 4 poemas”

A Concellería de Educación do Concello de Vilagarcía tamén se suma aos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de castro, o 24 de febreiro. Con motivo desta celebración, o departamento que dirixe Argimiro Serén, programou unha orixinal actividade para os centros de Secundaria do municipio. Trátase dun espectáculo poético musical protagonizado por Dani Barreiro a través do cal a alumnado afondará na vida e na obra da autora de “Cantares Gallegos”.
18.02.2020.- O espectáculo chega mañá, 19 de febreiro, aos institutos Miguel Ángel González de Carril (ás 9.50 horas) e ao Bouza Brey (ás 12 horas), e o xoves 20 ao Armando Cotarelo e ao castro Alobre. En todos os casos, a actividade está dirixida a alumnado da ESO.

O espectáculo que presenta Dani Barreiro semella unha breve viaxe a través da vida de Rosalía poñendo música e recitando 8 dos poemas máis representativos da súa obra. Trátase dunha experiencia interactiva de aproximadamente 40 minutos de duración na que se recitarán e cantarán poemas da autora, percorrendo os pasaxes máis importantes da súa vida dun xeito ameno e accesíbel. Os versos elixidos están relacionados co noso entorno, centrándose nas vivencias persoais de Rosalía e a súa obra literaria dentro do marco de Vilagarcia a a súa contorna.

Con este proxecto preténdese facer partícipe ao alumnado da importancia, transcendencia e repercusión da obra de Rosalía de Castro dentro e fóra das fronteiras do noso país, así como dar a coñecer a faceta máis reivindicativa da autora, tanto no aspecto feminista como no da identidade da patria galega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -