_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía e Catoira concorren ás axudas para xeodestinos cun proxecto de Descenso do Ulla pola Ruta Marítimo Fluvial Xacobea

Os concellos de Vilagarcía e Catoira seguen avanzando na liña de colaboración aberta para ofertar produtos turísticos conxuntos que poñan en valor e aproveiten o enorme potencial natural, paisaxístico, histórico e patrimonial existente en torno á liña marítimo fluvial entre ambas localidades. Neste marco, promoven a creación do Descenso do Ulla, dende as Torres do Oeste á Cortegada, pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, un proxecto para o cal demandan financiamento da Axencia de Turismo de Galicia a través da liña de axudas para xeodestinos.
19.02.2020.- O Descenso do Ulla que promoven Vilagarcía e Catoira é unha actividade lúdico deportiva e sustentable que dinamizaría a actividade turística na zona e, consecuentemente, as economías locais. O descenso, que para realizar en piragua, kayak ou embarcacións similares, partiría da praia fluvial de Catoira para remontar un tramo do río ata bordear a Illa do Rato, situada na contorna das Torres do Oeste, e iniciar a baixada a favor da corrente cara a desembocadura do Ulla nas inmediacións da Illa de Cortegada. Alí viraría rodeando a Malveira Grande para dirixirse á Praia da Concha-Compostela, onde remataría.

A actividade tería unha modalidade competitiva federada, a través da Federación Galega de Piragüísmo; unha lúdica, para o público e afeccionados en xeral; e incluso unha modalidade para participantes de colectivos de diversidade funcional, cun traxecto máis curto –partindo da praia do campanario, en Bamio- e que contaría co acompañamento de apoio de padexeiros voluntarios.

Unha proposta singular chea de atractivos
Os atractivos desta actividade son moitos e diversos, comezando pola propia tradición Xacobea, xa que repite en sentido inverso o traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe cara Compostela. Este traxecto forma parte dun viacrucis sinalado polos numerosos cruceiros existentes entre a illa do Rato e a Malveira Grande e que s epoden admirar durante a navehgación. Ademais, a realización deste descenso a modo de paseo permite gozar de privilexiados paisaxes naturais sen apenas intervención humana, con zonas de marismas intermareais; ricas zonas marisqueiras como os Lombos do Ulla; a frondosa e rica Cortegada, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas; e o nacemento da Ría de Arousa. A maiores, conta cos atractivos artísticos e histórico, co Monumento Nacional das Torres de Catoira, mandadas construír polo Arcebispo Xelmírez no século XII como parte da fortaleza defensiva para protexer Santiago e os restos do Apóstolo das incursións bélicas de escandinavos e sarracenos.

O exemplo dinamizador do Descendo do Sella

A proposta de Vilagarcía e Catoira inspírase no Descenso do Sella, unha actividade que naceu como proba deportiva e que foi medrando ata converterse nun evento cunha gran compoñente turística que arrastra cada ano ata os municipios de Arriondas, de onde parte, e Ribadesella, onde remata, a milleiros de persoas para participar no descenso oficial. Unha actividade que se consolidou como produto turístico que se oferta durante case todo o ano, fora do que é o evento propiamente dito, e que xera unha importante actividade económica na zona de influenza.
No caso do Descenso do Ulla, ademais do atractivo natural do entorno marítimo-fluvial -que o diferenza do Sella que so discorre polo leito do río-, súmanse o monumental, histórico e, especialmente a tradición Xacobea.

O proxecto foi presentado aos clubs de piragüísmo As Torres-Romería Vikinga, de Catoira e Depornautic de Vilagarcía, así como á Federación Galega de Piragüísmo, entidades que acolleron con entusiasmo a iniciativa e que se integrarían na organización da mesma.

Na espera da resolución das axudas

A concellería de Turismo que dirixe Álvaro Carou xa remitiu á Axencia de Turismo de Galicia a memoria descritiva e xustificativa do proxecto bilateral xunto coa solicitude de subvención. A actividade precisa dun orzamento de 30.000 euros. Os municipios de Vilagarcía e Catoira confían en obter financiamento do organismo autonómico para sacar adiante esta iniciativa no marco do xeodestino “Rías Baixas” no que se situaría e como complemento ás actividades programadas en torno ao Ano Santo Xacobeo. Os promotores destacan o novidoso da iniciativa e o gran potencial co que conta, especialmente dada a proximidade do Xacobeo.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -