_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello licita a segunda fase do plan de asfaltado de camiños rurais cun investimento de145.294 euros

A plataforma de contratación do Concello publicou onte o anuncio de licitación da obra da segunda fase do Plan Municipal de Asfaltado de Camiños Rurais, unha actuación na que se investirán 145.294 euros (impostos incluídos) que o Concello financiará con cargo aos fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación. As empresas interesadas en facerse co contrato poden presentar as súas ofertas ata o día 25 de marzo.
06.03.2020.- O proxecto relativo á segunda fase deste plan de asfaltados recolle actuacións en camiños de Rubiáns (Rúa do Charco-Loenzo), Bamio (Travesía Nogueirido), A Laxe (Rúa Monte Xaquín, Quinteiro e Marmelo), Faxilde (Rúa do Xogo), Aralde Rúa de Aralde e Camiño Prata), e en Cornazo (Rúa Baixada a Pasos, Rúa A Pedra, Camiño da Balada, Rúa Veiga e Camiño dos Borrizos). O prazo de execución das obras, unha vez adxudicado e asinado o contrato, será de 2 meses.

Os traballos a realizar consistirán no varrido inicial da superficie dos camiños, a mellora da capa de rodadura mediante asfaltado e a elevación das tapas de rexistro existentes. Cada unha das fases do plan de asfaltado e mellora de camiños ten un prazo de execución de 2 meses.

Esta non é a única actuación que realizará o Concello de Vilagarcía nos vindeiros meses para mantemento e mellora dos camiños municipais. De feito, nos vindeiros días tamén se sacar´`a a licitación a primeira fase do Plan, que prevé actuacións por importe de 100.000 euros máis.

Os camiños nos que se vai a actuar, tanto na primeira como na segunda fase do plan, precisan dunha intervención debido ao desgaste da actual capa de rodadura, a afundimentos ou á presenza de fendas ou fochas. Os traballos aproveitaranse para ensanchar os camiños naquelas zonas onde se levaron a cabo retranqueos para axustar á vía ás aliñacións previstas no PXOM, mellorando así as condicións da calzada e aumentando a seguridade viaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -