_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O Concello saca a licitación a primeira fase da humanización e mellora de accesibilidade do Piñeiriño

A humanización do populoso barrio do Piñeiriño anunciada polo goberno local de Vilagarcía vénse de poñer en marcha coa licitación da primeira fase das obras, un proxecto valorado en 205.971 euros que afectará ás rúas Francisco Porto Rey, Álvaro Cunqueiro e Fontecarmoa. Con este investimento ensancharanse as beirarrúas e eliminaranse as barreiras arquitectónicas nas dúas primeiras rúas e construirase a que falta no tramo da Rúa Fontecarmoa comprendido entre os cruzamentos con Doutor Tourón e Porto Rey, eliminando así os riscos que corren actualmente os peóns ao ter que circular pola calzada. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 25 de maio.
05.05.2020.- O proxecto redactado polo Arquitecto Municipal prevé o ensanche das beirarrúas de Álvaro Cunqueiro e Francisco Porto, que contarán con máis do dobre de ancho que as actuais, pasando dos 2 metros de agora, aos 5,5 que terán tras a actuación. Nas interseccións con outras vías, a beirarrúa ensánchase en forma de orella ata chegar aos 8 metros de ancho.

Dada a amplitude da calzada nestas rúas, non será preciso prescindir dos estacionamentos, simplemente se cambiará a actual disposición en batería, por outra en liña, que ocupa menos espazo.

Por descontando, eliminaranse todas as barreiras arquitectónicas e as beirarrúas serán completamente accesibles e cómodas para as persoas con problemas de mobilidade, ao construírse superficies totalmente regulares a base de formigón e contar coas correspondentes baixadas e ramplas.

O proxecto inclúe tamén unha necesaria actuación para mellorar a seguridade dos peóns na Rúa Fontecarmoa. Dada a desigualdade do ancho desta vía, que se estreita na proximidade ao cruzamento con Doutor Tourón, o da beirarrúa a construír tamén variará, aínda que a maior parte do trazado disporá de 3 metros. Ademais, elevarase un paso de peóns na zona máis próxima á intersección coa rúa Francisco Porto Rey.
Luminarias novas e árbores
Por último, nas zonas afectadas renovarase o alumeado público, poñendo luminarias de fachada con tecnoloxía led e se completará a actuación coa plantación de árbores que lle dean un aspecto máis agradable e aporten frescura ao barrio.

A actuación finánciase con fondos do Plan Concellos da Deputación Deputación e o prazo de execución das obras será de 5 meses

Un proxecto que terá continuidade

Esta actuación promovida polo Concello ten vocación de continuidade posto que a intención do goberno local é a de humanizar o cen por cen da urbanización do Piñeiriño, un barrio densamente poboado pero que mantén a estética e configuración dos anos 70 do século pasado, onde as zonas para a circulación rodada predominaba sobre as dedicadas aos eóns e ao esparexemento das persoas. Coa actuación que se vai a levar a cabo adaptarase O Piñeiriño aos criterios do século XXI e tamén ao modelo de cidade no que traballa o executivo de Alberto Varela, con rúas accesibles e con espazos cómodos e amplos para os peóns, e onde os elementos verdes resten dureza ao asfalto e cemento.A Concellería de Urbanismo e Mobilidade que dirixe Paola María Mochales ten xa moi avanzado o segundo proxecto para o Piñeiriño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -