_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O albergue de peregrinos, a humanización de Camilo José Cela e a Rúa O Freixo financiaranse a través do POS 2020

O Concello de Vilagarcía xa ten definidas as actuacións que financiará a través da liña 1 do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial do ano 2020. Serán as obras de construción do albergue de peregrinos de Carril; a segunda fase do plan de humanización e accesibilidade do barrio do Piñeiriño, que afectará á rúa Camilo José Cela; e a urbanización e mellora de servizos da Rúa O Freixo, en Vilaxoán. En total, as tres obras suman un investimento de 978.955 euros. O proxecto do Freixo xa está rematado e os das outras dúas actuacións a piques de facelo, polo que as obras poderían sacarse a licitación tan pronto como o organismo provincial comunique a inclusión das mesmas no denominado Plan Concellos e se rematen os correspondentes pregos.
07.05.2020.- A obra de maior importe é a da construción do albergue de peregrinos proxectado na inconclusa ampliación da Casa de Cultura de Carril. Para esta actuación resérvanse 600.000 euros do POS. O albergue é un dos proxectos estrela do programa electoral do equipo que preside Alberto Varela e unha das iniciativas máis importantes coas que se pretende dinamizar o sector turístico de Vilagarcía aproveitando o crecente turismo de peregrinos e tendo como horizonte o Ano Xacobeo de 2021. O proxecto, ao que xa se lle tiña previsto dar prioridade dada a proximidade da cita Xacobea, tras a crise económica que se vai a producir como consecuencia da pandemia do coronavirus, adquire máis importancia si cabe, dada a urxente necesidade de que Vilagarcía se posicione canto antes nun marco estratéxico que permita ao sector turístico local despegar con forza e celeridade, unha vez que se recupere a actividade e se regrese á normalidade. Neste marco, o albergue suporá un importante recurso de atracción de visitantes nun sector do turismo residual ata o de agora.

O proxecto construtivo encargouse ao arquitecto Iago fernández Puentes, autor tamén da recoñecida obra da Escola Infantil de Vilaxoán. O deseño terá que adaptarse á estrutura inacabada existente e ás dimensións da parcela municipal. Dada a privilexiada situación da mesma, nun alto con vistas á desembocadura do Ulla, a Cortegada e á Ría de Arousa, a idea é que o edificio se estruture coma un gran balcón que asome cara o primixenio Camiño de Santiago: a ruta fluvial Xacobea que recrea a que seguiron os restos do apóstolo Santiago para descansar definitivamente en Compostela.

Para a humanización da Rúa Camiño José Cela, o Concello reserva 230.000 euros do POS. O proxecto é obra de Mariano Vázquez, autor da remodelación da Praza de Galicia. Esta actuación suporá a segunda fase do plan de humanización e mellora da accesibilidade do barrio do Piñeiriño e dará continuidade á primeira, que xa se sacou a licitación por importe de 205.971 euros, e que afectará a un tramo da Rúa Fontecarmoa e as rúas Francisco Porto Rey e Álvaro Cunqueiro. Con este plan, o goberno local pretende modernizar e mellorar a estética do populoso barrio do Piñeiriño, así como garantir a accesibilidade e mellorar a mobilidade, especialmente dos peóns, cos rúas máis agradables e cómodas para o paseo e a estancia nelas.

O proxecto que xa está rematado e aprobado pola Xunta de Goberno é o de Urbanización e Mellora de Servizos na Rúa O Freixo, en Vilaxoán. A partida do POS destinada a esta actuación ascende a 148.571 euros. Esta obra permitirá ensanchar o angosto camiño, renovar as redes de abastecemento e saneamento, mellorar a recollida de pluviais e soterrar as canalizacións do tendido eléctrico o os dos servizos de telecomunicacións. Tamén se substituirán as luminarias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -