_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
FESTAS
O talento local será o protagonista dunha festividade de Santa Rita marcada polo Covid-19

Unha das festas más esperadas polos vilagarciáns e polos centos de persoas que nos visitan, a de Santa Rita, non se poderá celebrar este ano como é habitual por mor da crise sanitaria do Covid-19. Pero iso non quere dicir que se vaia renunciar á tradición. Por iso, este ano, máis que nunca, o talento local será o protagonista da festa. Serán dúas sesións musicais en streaming a través de Facebook, Youtoube e o Canal Rías Baixas de TDT.
19.05.2020. Os dous programas serán emitidos os mesmo día 22, festividade de Santa Rita, en horario de 12:30, sesión vermú, e 21:00 horas. Os programas serán conducidos por Xoán Mariño e Erea Hierro, tamén de Vilagarcía, que interactuarán co público ao longo da emisión das actuacións de cinco formacións locais. Todas as actuacións están sendo gravadas no auditorio cun alto grao de calidade, con técnicos de son e catro cámaras. Os programas serán conducidos en directo.

O Grupo Nós de Sobradelo abrirá a sesión matinal. A elección non é casualidade. Para este mesmo mes de maio estaba programado o seu XIV Festival folclórico. Como non puido ser, a alternativa é demostrar o seu talento a través das redes. Despois, tocaralle a quenda a Dani Barreiro & Friends non se formato Kids, unha sesión pensada para as familias con nenos e que contará con algunha sorpresa ao longo da actuación. Nós e Barreiro actuarán a partir das 12:30 horas.

Na sesión da tarde-noite, a partir das 21:00 horas, actuarán en primeiro lugar TNT Band, un grupo formado por Carlos, Manu, Sergio e Iñaki que, malia a súa curta idade, demostran sobre o escenario unha profesionalidade que xa chamou a atención nalgún concurso para bandas mozas a nivel nacional.

Despois de TNT será o momento de PRF Trío, unha banda liderada por Pablo González Somoza, un artista moi activo nas redes durante o confinamento. E para finalizar esta Santa Rita virtual, catro músicos ben coñecidos que, por unha vez, reúnense baixo o nome de Salnesianos para ofrecer unha sesión única e irrepetible. Trátase de Gonzalo Arca, Nacho Pérez, Antonio Casado e Pepe Santamaría.

Na presentación, hoxe, do programa, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, puxo o aceno na gran calidade do talento local, do que dixo que seguirá tirando para vindeiras datas, é o caso de San Roque. Os obxectivos que se pretenden acadar, dixo, son tres. Por unha banda, ofrecer unha celebración de forma segura para os vilagarciáns non se queden sen as súas festas. Segundo, seguir apoiando e promocionando a Cultura dende o Concello, nun momento tan difícil para o sector, “poñendo o noso grao de area na súa recuperación”. E, por último, apostando polo talento local, “o da casa”, unha idea sobre a que xirarán moitas das accións do concello nos vindeiros meses, e non só no eido cultural.

Neste sentido, Sonia Outón agradeceu a labor de Ahituvi, a asociación de hostaleiros, que promoverá que dende os seus establecementos se conecten as pantallas á emisión que o Concello fará dende o seu Facebook e o canal de Youtube e a tamén a colaboración da canle Rías Baixas pola TDT.

Igualmente, agradeceu a Rafael Sabugueiro e a Juan Carlos Porto a cesión de dous vídeos, un sobre a riqueza patrimonial do convento de Vistalegre, a labor das monxas agustinas e a devoción de Santa Rita, e outro que resume a procesión da santa na súa edición de 2019. Ambos estarán dispoñibles na canle de Youtube dende as 20:00 horas do venres.

Por outra banda, o concello colabora coa comunidade relixiosa na organización do acceso e control de aforo nas celebracións na igrexa. Tres das misas, as das 9, 12 e 21 horas, serán emitidas en directo a través da Canle Rías Baixas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -