_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Concello e Colexio de Arquitectos asinan o convenio para o concurso de ideas das piscinas da Concha

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Anselmo Villanueva, asinaron esta mañá no Concello o convenio de colaboración entre ambas institucións para a organización e convocatoria dun concurso de ideas sobre as piscinas para a praia da Concha-Compostela. O COAG encargarase de redactar as bases do concurso, publicitalo por toda España e incluso a nivel internacional, prestar soporte técnico e participar no xurado que elixirá o mellor dos deseños. O autor da proposta gañadora recibirá un premio de 7.000 euros e a adxudicación do proxecto construtivo.
26.05.2020.- Con este concurso de ideas aberto e que se publicitará a través dos colexios oficiais de arquitectos de toda España, o Concello pretende fomentar a creatividade e dispor do maior número de propostas posibles a efectos de poder elixir entre a máis innovadora e que mellor se adapte aos obxectivos marcados dende a administración municipal. O carácter competitivo da convocatoria tamén se supón que elevará a calidade dos deseños que concorran. Neste punto, Anselmo Villanueva explicou que o concurso permitirá presentarse a calquera arquitecto de España, pero tamén doutros países, así como a outros profesionais competentes segundo o recollido na Lei 38/1999 de ordenación da edificación, polo que o abano de posibilidades será moi amplo e enriquecedor.

Para animar a unha maior participación, ademais do premio que recibirá o gañador, tamén se establece un segundo premio dotado con 3.500 euros e dous accésits de 2.000 euros cada un.
Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo e Fondos FEDER. Paola María, explicou que contar co COAG para realizar esta convocatoria, ademais de multiplicar a difusión do concurso, permite contar cunha avaliación técnica moi cualificada e esixente para garantir que o proxecto elixido será o mellor e de máis calidade.

Criterios e necesidades a cubrir

Unha vez asinado o convenio, o Colexio comezará de inmediato a elaborar as bases do concurso que, independentemente dos requisitos e supostos técnicos que eles determinen, deberá axustarse aos criterios básicos marcados dende a Concellería de Urbanismo, Mobilidade e fondos FEDER. Tendo este en conta, con este concurso de ideas preténdese lograr unha fonda reflexión sobre a mellor proposta segundo o programa de necesidades planteado, así como a relación entre este equipamento co entorno urbano e natural circundante, premiando as propostas que se consideren modélicas en innovación e eficiencia.

Entre outros puntos que se concretarán definitivamente nas bases, e a maiores dos aspectos máis puramente técnicos, valorarase a mellor proposta lúdica que conxugue zonas de sombra, iluminación, protección para persoas, control e descanso. Tamén se avaliará a mellor integración e accesos dos deseños co paseo marítimo, o carril bici e a praia circundante. Deberán resolverse axeitadamente as condicións de accesibilidade e os criterios hixiénico sanitarios, segundo as respectivas leis, e tamén se terán en conta os axustes orzamentarios segundo os máximos indicados nas bases.

Ademais, valorarase a realización dunha proposta específica e individualizada para a remodelación dos aseos públicos existentes actualmente da praia da Concha, que garde a estética co deseño do conxunto das futuras piscinas e da súa contorna, coa idea que esta actuación se execute e financie de forma separada á do proxecto obxecto do concurso de ideas.

Elemento para a reconstrución económica

A construción dunhas piscinas nas inmediacións do piñeiral da Concha é unha das propostas máis innovadoras incluídas no programa electoral dos socialistas vilagarciáns para dinamizar a praia urbana da Concha-Compostela, polo tanto a idea xa viña de tempo atrás. O obxectivo inicial de converter as piscinas nun recurso de forte atracción turística, pero agora, tras a pandemia do COVID e a crise que de seguro atravesará o sector como consecuencia da mesma, a construción destas piscinas adquire aínda maior relevancia no actual contexto.
Así o puxo de manifesto o delegado do COAG en Pontevedra, advertindo que este é un proxecto ideal para conseguir atraer a Vilagarcía o turismo que predominará tras a crise do coronavirus, preferentemente familiar e interior.

Con todas as precaucións posibles dado o marco de incerteza no que nos atopamos pola pandemia e a súa evolución nos vindeiros meses, o horizonte ideal que se marcan Concello e COAG para ver executado este proxecto é o verán de 2021. Aínda sendo conscientes de que existen moitos factores que poden obstaculizar esta meta, ambos organismos axilizarán ao máximo os procedementos tendo presente o horizonte do verán de 2021.

Proceso
Tan pronto como o COAG teña as bases, convocarase o concurso. Transcorrido un prazo que se estime prudencial para dar tempo a elaborar e presentar as propostas por parte dos concursantes, avaliaranse os deseños e fallarase o premio. Pola súa banda, o Concello terá que ir elaborando os pregos pasa sacar a licitación e adxudicar a obra material para, a continuación, iniciar a súa execución. Neste sentido, tanto Villanueva como María Mochales coincidiron en que o proceso que máis tempo levará será o administrativo e que a obra avanzará con maior axilidade dadas as súas características.

No que ao financiamento se refire, o asunto está resolto posto a construción destas piscinas incluíuse na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible EDUSI “Vilagarcía Avanza” que o Concello financia con fondos FEDER da Unión Europea. Este programa está destinado a execución de actuacións de impulso deportivo, de ocio, turístico, económico, de eficacia medioambiental e sostible, que sexan modélicas e estean adaptadas ás esixencias e sensibilidades sociais do noso tempo
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -