CONCELLO
O Concello inicia o reparto de máscaras para maiores, embarazadas e persoas con patoloxías de risco para o COVID O reparto das máscaras adquiridas polo Concello de Vilagarcía para protexer do COVID ás persoas máis vulnerables do municipio xa esta en marcha. Maiores de 65 anos, embarazadas e persoas con patoloxías que agravan a incidencia do coronavirus poderán recoller en calquera das 13 farmacias do municipio a máscara FFP2 proporcionada polo Concello de forma gratuíta. Os maiores de 65 anos deberán facelo presentando o bono persoal que lles chegará aos seus domicilios por correo e os demais presentando a tarxeta sanitaria. As cartas comezaron a chegar onte aos domicilios e xa se distribuíu entre os establecementos farmacéuticos a primeira partida do material.
27.05.2020.- O Concello remitiu as cartas cos bonos individuais aos 8.218 veciños de Vilagarcía maiores de 65 anos, segundo consta nos datos do censo municipal. Estes bonos están numerados e son persoais, valendo para ser trocados nas farmacias por 1 máscara FFP2 que, como se sabe, son válidas para máis de un uso.
O resto da poboación vulnerable menor de 65 anos, embarazadas e persoas con patoloxías de risco (hipertensión, diabetes, problemas cardiovasculares, problemas pulmonares, cancro e afeccións de inmunodepresión), non recibirán o bono pero poderán dirixirse ás farmacias a recoller a máscara, para o calo deberán acreditar que pertencen a estes grupos. Para isto, deberán aportar a tarxeta sanitaria para que os farmacéuticos poidan comprobar pola medicación receitada, que realmente padece algunha das afeccións sinaladas e controlar que se entrega unha máscara por persoa.
O Concello dispón dunha partida inicial de 10.000 máscaras para distribuír de forma inmediata entre a poboación sinalada, cantidade que podería ampliarse de ser necesario.
As máscaras chegan no momento máis axeitado, xa que durante o confinamento, o illamento persoal reducía os riscos de contaxio. Agora, co inicio da desescalada, ao retomarse as saídas ás rúas, a apertura de establecementos comerciais e de ocio, os contactos persoais multiplícanse e fan necesario levar a máscara.
Precaución para previr rebrotes públicos e na rúa, sempre que non se poidan gardar a distancia mínima de seguridade entre persoas, así como en instalacións pechadas. Tamén se prega á cidadanía que respecten as normas de seguridade e sexan prudentes en todas as actividades que realicen dado que a pandemia aínda non está superada e a relaxación no cumprimento das medidas preventivas pode provocar o rebrote do COVID.