_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
Os estudantes vilagarciáns poderán usar a aula CEMIT de Matosinhos para realizar os exames “online” das universidades

Para garantir a oportunidade de que todos os estudantes das universidades galegas residentes en Vilagarcía poidan examinarse a través de medios telemáticos, o Concello de Vilagarcía pon a súa disposición a aula CEMIT emprazada no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A medida ten como obxectivo evitar os riscos que conleva a realización das probas presenciais durante a pandemia do COVID, á vez que garantir que os universitarios que non dispoñen de conexión telemática poidan igualmente acceder a este sistema de exame e non teñan que desprazarse ao centro universitario. Para facilitar este servizo, o Concello adheriuse ao convenio de colaboración subscrito entre a FEGAMP e as tres universidades galegas (Santiago, Vigo e Coruña).
17.06.2020.- Para facer uso da aula CEMIT os alumnos interesados deberán rexistrase previamente como usuarios da Rede CEMIT, trámite que poderán realizar na URL https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios
A continuación, e cunha antelación mínima de unha semana antes da data do exame, deberán reservar praza para poder realizar o exame na aula da localidade. Para cumprimentar a solicitude deben entrar en https://cemit.xunta.gal/buscador , incluír no buscador “Conectividade-Exame para universitari@s” ; a localidade elixida e seguir os pasos que se lles vai indicando.

O compromiso do Concello, ademais de poñer a disposición a aula, é garantir a presenza dun axente TIC para facer as conexións pertinentes, e encargarse da xestión das reservas. Tamén se responsabilizará de facer cumprir as normas de aforo e separación de 2 metros entre as persoas que estean realizando o exame na aula.

Unha vez aceptada a solicitude, o alumno deberá presentarse o día do exame cunha antelación de 30 minutos antes da hora inicio do exame para poder realizar a conexión e as probas pertinentes. O alumno deberá levar da súa conta o material hixiénico sanitario necesario (máscara, luvas e demais), así como o equipamento propio para a realización do exame: portátil, tablet ou o dispositivo que dispoña dos requirimentos necesarios para realizar a proba. No caso de que a proba conteña audio, o alumno deberá levar auriculares para non molestar ao resto dos usuarios. Tamén terá que levar o seu móbil para darse de alta para o uso da rede wifi da Xunta de Galicia.

Para calquera aclaración, os interesados poden consultar a través do teléfono 981 910 359 ou a través do correo cemit@xunta.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -