_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
As obras de renovación do sistema de climatización e deshumectación da piscina municipal comezan o 1 de xullo

A adxudicataria das obras de instalación dos novo sistema de climatización e deshumectación da piscina municipal de Fontecarmoa comunicou a súa disposición para iniciar as obras o 1 de xullo, unhas semanas antes do que se contaba. Este adianto permitirá axilizar os traballos, que teñen un prazo de execución de 2 meses, co obxecto de que as instalacións estean nas condicións óptimas para iniciar a nova tempada en outono. Tras coñecer o adianto do inicio das obras, a concesionaria da piscina, Serviocio, decidiu non reabrir as instalacións o día 22 como estaba previsto, por dispor tan so de 9 días para poder prestar o servizo.
19.06.2020.- O Concello lamenta os inconvintes que o peche pode causar aos usuarios das instalacións e pídelles a maior comprensión dado que se trata dunha actuación moi necesaria que os propios usuarios viñan demandando dende hai tempo e que incidirá moi positivamente nas condicións nas que se poderá gozar das instalacións a partir do outono. Ademais, Serviocio ofrecerá contraprestacións aos abonados como matrícula gratuíta en outros centros xestionados polo grupo, como o a Piscina Municipal de Cambados o complexo de Campolongo en Pontevedra. Por suposto, non se pasarán os recibos dos meses que non haxa servizo e os días perdidos en marzo polo Estado de Alarma serán compensados unha vez reabran as instalacións. E as prazas dos cursillistas quedan automaticamente renovadas para a vindeira tempada.

O Concello de Vilagarcía inviste na renovación dos sistemas de climatización e deshumectación 120.000 euros que se financiarán a través liña de actuacións tendentes a favorecer as economías baixas en carbono, prevista no programa “Vilagarcía Avanza” sustentada con fondos FEDER da EDUSI.

A adquisición dos equipos e instalación dos mesmos foi adxudicada este luns Xunta de Goberno Local de onte á empresa Ken Fri Energy Pack S.L.. Aínda que a confección a medida da maquinaria tardará unas tres semanas, para axilizar a execución da obra e para que esta estea completamente rematada e coas probas realizadas para inicio do outono, a adxudicataria comezará o 1 de xullo cos traballos previos tendentes á desmontaxe da maquinaria existente. Deste xeito, cando cheguen os novos equipos xa se estará en condicións de comezar a instalación sen maior dilación.

A actuación a executar consiste na substitución da maquinaria de climatización (que data do ano 1993 cando se inaugurou a piscina) por unha nova cunha maior capacidade de deshumectación e á que se acoplará un recuperador de calor para o 100% do caudal de aire da deshumectadora. Este equipo está dotado con un xogo de comportas que permiten introducir a cantidade de aire exterior estritamente necesario. Tamén conta cunha batería de calor para conectar á caldeira a través dos sistema de calefacción existente, de xeito que se garanta a temperatura ambiente mínima no interior das instalacións.

A instalación deste novo conxunto de maquinaria suporá, entre outras avantaxas, conseguir un grao de humidade garantido e constante, independente do ambiente exterior; un aforro enerxético pola redución do caudal de aire exterior que penetra nas instalacións; e un aforro enerxético polo emprego dun recuperador de calor.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -