_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello ofrece aos ambulantes a Xunqueira ata que se ensanchen as beirarrúas en Alexandre Bóveda

O goberno local de Vilagarcía e os representantes dos vendedores ambulantes mantiveron esta tarde a segunda reunión para tratar de solucionar a reorganización do mercado. Nunha xuntanza celebrada nun ambiente totalmente construtivo e que apenas superou a media hora de duración, o Concello ofreceu aos vendedores a posibilidade de emprazarse de forma provisional no Parque da Xunqueira mentres non se executan as obras de ensanche da beirarrúa e medidas de calmado de tráfico previstas en Alexandre Bóveda.Dado que un dos principais requisitos do Concello é o de manter Alexandre Bóveda aberta ao tráfico para garantir a fluidez á vez que se seguen gañando zonas peonís, os ambulantes aportaron unha terceira alternativa consistente en ocupar as rúas peonís do centro da cidade (Castelao, Praza de Galicia e Rey Daviña). O executivo comprometeuse a avaliar a proposta e estudala sobre o terreo e con planos, quedando en volver a reunirse o mércores para ver os pros e contras das tres alternativas existentes e adoptar a decisión definitiva.
02.07.2020.- Así, a proposta dos ambulantes súmase as dúas alternativas anteriores presentadas polo Concello e que, en ambos casos, pasan por manter Alexandre Bóveda aberta ao tráfico de forma permanente nos dous sentidos da circulación e liberar o casco vello da cidade (Praza do Castro e rúas adxacentes).

A primeira é a de manter unha única liña de postos en Alexandre Bóveda, encarados coa fachada da Praza de Abastos e ocupando a zona de aparcamento. Para elo ensancharíase a zona de beirarrúas o suficiente para dar cabida aos postos e deixar un amplo corredor polo que circulen as persoas. Como xa se dixo dende o principio, esta medida poríase en práctica de xeito provisional mediante sinalización viaria, ata o momento no que se poida realizar a obra de elevación e ensanche da beirarrúa xunto coa instalación doutros medios de calmado de tráfico. Esta obra podería completarse con maceteiros ou outro tipo de elementos que sirvan para delimitar moito mellor o espazo e que os vendedores se sintan máis seguros. Ademais, ofrécese a posibilidade de cortar o carril de circulación paralelo a primeira e última hora do mercado para que teñan máis facilidades para montar e desmontar os postos. En espera de ver os estudos das tres propostas, os ambulantes tampouco descartaron por completo esta posibilidade. Por iso, o Concello dálles a opción de ubicarse na Xunqueira de forma provisional, mentres non se cumpran os procedementos de licitación e execución da obra.

Si se descarta a primeira, a segunda alternativa suporía desprazar todo o mercado cara a zona posterior da Praza de Abastos (por García de Caamaño) e ocupar o Parque da Xunqueira. Esta opción permitirá liberar todo o casco vello, non obrigaría aos cidadáns a ter que cruzar unha rúa con tráfico, e ofrece unha solución de continuidade.

En espera de contar cos estudos e informes das tres propostas para poder comparar e decidir, o que si se acordou esta tarde foi que, dada que a vindeira reunión será o mércores, os mercados do sábado e o martes que ven celebraranse de forma excepcional ocupando a rúa Alexandre Bóveda na súa totalidade, como antigamente. Non así O Castro e as rúas adxacentes, que quedan igualmente liberadas dado que os ambulantes que vendían alí xa foron reubicados noutras zonas. Ademais, eses dous días manteríase igualmente as zonas peonís de Arcebispo Lago e Conde Vallellano habilitadas dentro das medidas de protección COVID.

Para corresponder ao talante dialogante amosado polo goberno e dada que as negociacións seguen abertas, os ambulantes decidiron desconvocar o acto que tiñan previsto celebrar o martes, xesto que o executivo socialista tamén lles agradeceu.

ARGUMENTOS

O goberno local insistiu en que está completamente a favor do tradicional mercado ambulante de Vilagarcía. Consideran que é un gran atractivo e un elemento dinamizador que non só hai que manter, senón tamén que potenciar. E esta potenciación precisa dunha reorganización que o faga máis ordenado e cómodo para os clientes (agrupando sectores nunha mesma zona, por exemplo) e tamén reducindo ao máximo o impacto negativo que a súa celebración poida ter tanto no tráfico como na vida cotiá dos cidadáns. E tampouco pode ser impedimento para que outros sectores poidan desenvolverse, como é o caso da hostalería local.

Entre os argumentos expostos polo goberno local para defender a nova reordenación do mercado está que o crecemento e estruturación da cidade non pode quedar limitada e condicionada pola celebración de un mercadiño dúas mañás á semana, máis aínda cando existen alternativas que permitan deixar aberta ao tráfico rodado a rúa Alexandre Bóveda, mantendo así un eixo de entrada e saída de vehículos ao centro do casco urbano dun xeito fluído e constante os 365 días do ano. E tamén permite continuar gañando zonas peonís como as recentemente habilitadas en Arcebispo Lago e Conde Vallellano no marco das actuacións preventivas do COVID.

Os membros do executivo tamén lembraron que os xa consabidos modelos de cidade que prosperan en Europa e que levan anos adaptándoas e abríndoas aos peóns engádese, nos tempos que vivimos, os requirimentos que impón a pandemia do COVID, que tamén fai preciso gañar máis espazos públicos que axuden a evitar aglomeracións e permitan ás persoas desprazarse a pé pola cidade mantendo as preceptivas distancias de seguridade.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -