_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello “licencia” aos alumnos do Labora Xove con 3 xa insertados no mercado laboral

O Concello de Vilagarcía despediu este mediodía aos alumnos e alumas participantes no Obradoiro de Emprego Labora Xove que acaban de rematar a formación recibida nos últimos meses nas especialidades de “Socorrismo en espazos acuáticos” e “Promoción turística local e información ao visitante”. A concelleira de Formación e Emprego, Alba Briones, e o edil de Servizos, Lino Mouriño, presidiron o acto celebrado no salón nobre de Ravella e no que, ademais de felicitar aos alumnos por ter completado a formación, amosaron a súa satisfacción porque 3 deles xa estean a piques de asinar un contrato laboral en base á titulación obtida. Trátase de 3 socorristas que, en breve, comezarán a traballar no servizo de vixilancia de praias tras ter superados as probas de acceso.
07.07.2020.- No Labora Xove participaron 16 mozos e mozas, 8 en cada un dos módulos. A formación comezou a impartirse en setembro e, dado que as clases tiveron que paralizarse a falta de dúas semanas para rematar a actividade debido ao estado de alarma pola crise do COVID, o Concello decidiu ampliar o obradoiro ata despois do confinamento, para que os asistentes puidesen completar a formación que lles permitía obter o certificado de profesionalidade que se lles esixe á hora de acceder ao mercado laboral.

O Concello de Vilagarcía deseña anualmente os proxectos dos obradoiros de Emprego Labora Xoven, tratando de ofrecer formación en nichos de emprego pouco explotados, con potencial na zona e que ofrecen moitas posibilidades para que a poboación á que vai dirixida, mozos e mozas, poida atopar traballo en sectores en auxe como son todo o relacionado co turismo debido ao Ano Xacobeo e tamén ao de vixilancia e socorrismo de praias, onde anualmente se pon en evidencia a carencia de persoal titulado que existe para cubrir a elevada demanda.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -