_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Fundación ”la Caixa” e o Concello de Vilagarcía de Arousa presentan Terra de Soños, de Cristina García Rodero

A Fundación “la Caixa” e o Concello de Vilagarcía de Arousa abren hoxe ao público na Praza da II República a mostra Terra de soños, de Cristina García Rodero, unha exposición fotográfica que reflicte a vida cotiá dos habitantes de Anantapur, no Estado de Andhra Pradesh, unha das zonas máis pobres da India, onde viven as comunidades máis marxinais e vulnerables do país. A mostra pode visitarse libremente ata o 30 de xullo.
10.07.2020.- Entre os seus obxectivos, a Fundación "la Caixa" traballa para que a sociedade poida achegarse á cultura e ao coñecemento. A divulgación é un instrumento básico para promover o crecemento das persoas, e por este motivo a entidade traballa para achegar o coñecemento a públicos de todas as idades e niveis de formación. Entre estas actividades culturais, a Fundación ”la Caixa” organiza exposición itinerantes naquelas cidades e municipios que non dispoñen dun centro Caixa Forum coa vontade de contribuír á sensibilización cidadá a través de contidos artísticos, científicos e sociais.

Ademais, co seu programa Arte na rúa, a Fundación ”la Caixa” pretende converter o espazo público nun museo a ceo aberto e achegar a obra de artistas de renome no panorama internacional. O programa Arte na rúa iniciou a súa andadura en 2006, e dende entón ten achegado ao público as creacións de referentes da modernidade como Auguste Rodin ou Henry Moore, así como as de artistas contemporáneos como Manolo Valdés, Igor Mitoraj ou, más recentemente, o fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado. Precisamente, a exposición de Salgado pasou por Vilagarcía con grande éxito durante a súa estancia na Rúa Vista Alegre.

Agora, a Fundación ”la Caixa”, xunto á Fundación Vicente Ferrer e en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, traen a mostra Terra de soños. Esta mostra é froito do traballo que levan desenvolvendo conxuntamente "la Caixa" e a Fundación Vicente Ferrer na India para mellorar substancialmente as condicións de vida dos máis vulnerables.

Invitouse a Cristina García Rodero a documentar as condiciones de vida das comunidades de Anantapur. Durante mes e medio, García Rodero visitou hospitais, centros de acollida de mulleres vítimas de malos tratos, talleres, escolas e casas, logrando retratos que dan voz a aquelas persoas a menudo esquecidas: nenos e nenas, persoas con discapacidade e, moi especialmente, mulleres. Nais, campesiñas, costureiras, noivas de distintas confesións, profesoras, enfermeiras e estudantes teñen un papel destacado neste proxecto, xa que representan un dos principais motores da transformación das comunidades de Anantapur.

A mostra afonda no máis sensible e máxico do mundo feminino e na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur. A fotógrafa achegouse a elas cun respecto reverencial. Obstinada e desmedida, Cristina García Rodero soubo somerxerse nese mundo, fundirse na alegría e o sufrimento das que encobren con cor e apostura os claroscuros da súa propia existencia.

O resultado do proxecto son 40 instantáneas; un torrente de imaxes representativas das comunidades rurais da India que cautiva pola calidade compositiva e a viveza das súas imaxes. Da man da fotógrafa Cristina García Rodero descubrimos a mirada das súas xentes e nos adentramos nunha paisaxe que parece suspendida no tempo.

A través da súa obra, García Rodero nos propón unha particular forma de ver a India, un mundo complexo e fragmentado. Cada fotografía constrúe un código visual coherente e sobre todo transcendente. A imaxe que se transforma en arte.

Cristina García Rodero, unha revolución no paradigma de mirar
Cristina García Rodero é unha figura tutelar da fotografía universal, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra. Nacida en Puertollano (Ciudad Real) en 1949, licenciouse en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Primeira española en entrar na prestixiosa axencia fotoperiodística Magnum, entre os seus traballos destaca España oculta, que forma parte da Colección "la Caixa" de Arte Contemporáneo.

Ten recibido numerosos premios, entre eles os World Press Photo 1993, Premio Nacional de Fotografía 1996, Foto Pres ”la Caixa” 1997, Photo España 2000, Premio Godó de Fotoperiodismo 2000, as medallas de ouro ao Mérito en as Belas Artes 2005 e de Castilla-La Mancha 2016, e recentemente o premio Photo España 2017. É a primeira fotógrafa española en ter un museo propio, na súa cidade natal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -