_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación adapta á oferta deportiva de verán ás necesidades xurdidas como consecuencia da pandemia

A Fundación Municipal de Deportes presenta este ano unha programación deportiva de verán totalmente renovada e adaptada ás necesidades e ás circunstancias impostas pola pandemia do coronarivus. Incidindo máis que nunca na necesidade do coidado da saúde a través da práctica de actividade física, as actividades buscan tamén o benestar psicosocial, favorecer as relacións sociais e loitar contra o sedentarismo e a obesidade, aspectos todos que se viron resentidos durante o confinamento. Ademais, todas as actividades seguirán un protocolo de control e respectarán as normas hixiénico sanitarias contra o COVID. Como sempre, a participación será de balde e non é necesaria inscrición previa, excepto para anotarse nos torneos.
11.07.2020.- O programa, que está aberto a toda a veciñanza e tamén ás persoas que visitan Vilagarcía durante o verán, desenvolveranse entre o 15 de xullo ao 28 de agosto. As actividades centralizaranse en Fexdega, dado que o recinto permite realizar de forma moi sinxela o protocolo de control antes de entrar ao recinto para participar nas actividades. As sesións serán conducidas polos técnicos da Fundación de Deportes e foron deseñadas de xeito que se garanta o respecto ás medidas hixiénico sanitarias para a práctica deportiva establecidas na lexislación vixente.

Como consecuencia desta adaptación ás circunstancias especiais que vivimos, cambia tamén a carta de oferta da Fundación. Este verán impartiranse catro tipo de actividades: Aerotono, Actividade física familiar, Actividade física con implemento e Ioga familiar. Ademais, celebrarase o Torneo de Tenis de Verán e o Torneo de Bádminton.

Horarios:

Actividade física familiar: Todos os días (de luns a venres) en horario de mañá de 9:00 a 10:00 horas e os luns, mércores e venres de 10:00 a 11:00 h.
Aerótono: Os martes e xoves en horario de mañá, de 10:00 a 11:00 horas cun grupo de actividade.
Actividade física con implemento: Os martes e xoves en horario de 9:00 a 10:00 horas e de 10:00 a 11:00 horas, cun grupo de actividade.
Ioga en familia: Os luns e mércores en horario de 10:00 a 11:00 horas.
Para asistir a estas actividades non é preciso inscribirse previamente, basta con chegar a Fexdega uns minutos antes da hora de inicio.

Inscricións nos torneos

Para o que si fará falta inscrición çé para participar nos dous torneos que se organizarán este verán. O prazo xa está aberto e remata o 24 de xullo.

O XVIII Torneo de Tenis de Verán celebrasede do 20 de xullo ao 28 de agosto no Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa utilizando dúas pistas de tenis para o seu desenvolvemento.

Poderán participar todas as persoas que queiran independentemente do sexo e idade, segundo as categorías que a continuación se establecen:
• Categoría A : do 2009 ao 2012 (de 8 a 11 anos)
• Categoría B: do 2003 ao 2008 (de 12 a 17 anos
• Categoría OPEN: do 2002 ao 1969 (aberta)
• Categoría Veteranos/as do 1970 e anteriores

No IV Torneo de Bádminton dobres de Verán poderán participar todas as persoas que o desexen (nadas a partir do 2004 e anteriores) nunha mesma categoría absoluta, sendo as parellas masculinas, femininas ou mixtas.
O Torneo comeza o venres 31 de xullo e celebrarase os xoves e venres do mes de agosto podendo variar as datas da celebración do mesmo, dependendo no número de inscricións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -