_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
ECONOMÍA
A Mesa de Reactivación acorda facer un fronte común para demandar melloras en transporte e comunicacións

A primeira reunión da Mesa de Reactivación Económica e Social do Concello de Vilagarcía rematou esta mañá co acordo de todos os axentes de unirse e facer un fronte común para demandar a execución de melloras nas redes de comunicacións de Vilagarcía, ao entender que esta medida resulta imprescindible para garantir as condicións que necesitan todos os sectores, tanto produtivos somo sociais, para desenvolverse, medrar e poder recuperarse da crise xerada pola pandemia do COVID
22.07.2020.- Deixarse de localismos e trazar e desenvolver unha rede axeitada de comunicacións, coas infraestruturas viarias que permitan a axeitada conexión de Vilagarcía e a súa comarca –especialmente dos centros industriais e empresariais- co resto das grandes cidades de Galicia é unha urxente necesidade segundo coincidiron os presentes, especialmente os representantes do sector empresarial e industrial da cidade, pero tamén o turístico e comercial. Trátase de contar con infraestruturas apropiadas, como a autovías a Pontevedra e tamén a Catoira para permitir a conexión co Barbanza; e tamén cunha rede óptima de transporte público comarcal e intermodal que garanta a interconexión de todos os municipios do Salnés.

Ademais deste punto, nesta primeira reunión, a mesa consensuou as tres liñas prioritarias polas que se comezará a traballar para desenvolver accións a curto prazo que senten as bases para a recuperación da economía local e o seu despegue a medio e longo prazo. Ademais, da relativa ao sistema de comunicacións, traballarase no ámbito da formación e dos investimentos.

As accións en materia de formación enfocaranse tanto ao ámbito laboral e profesional como ao de dixitalización da poboación en xeral. No primeiro eido, xestionando a adaptación das especialidades formativas regradas cada ás necesidades e demandas dos sectores produtivos da zona, como á mellora da cualificación de determinados grupos profesionais, así como á iniciativas formativas de carácter práctico orientadas a determinados sectores ou colectivos. En materia de dixitalización traballarase para estender en todos os eidos o uso das novas tecnoloxías e internet e tamén na eliminación de brecha dixital.

No relativo aos investimentos, recolleranse propostas dos axentes para deseñar accións tendentes a captar investimentos e orientalos do xeito máis eficaz para lograr impulsar a economía local.

O alcalde, Alberto Varela, presidiu a reunión da Mesa de Reactivación que contou coa presenza da concelleira de Promoción económica, Alba Briones, promotora da iniciativa, e do edil de Turismo Álvaro Carou. Ao encontro estaban convocados axentes económico e sociais do municipio, asistindo os representantes dos grupos da Corporación, dos sindicatos (UGT, CCOO e CIG); dos comerciantes, sector empresarial (FECA e AJE) e do colectivo de industrias e grandes empresas. A participación abrirase a outros sectores produtivos de cara aos vindeiros encontros.

Todos os asistentes coincidiron en sinalar o apropiado e necesario da creación desta Mesa de Reactivación, agradecendo ao goberno tanto a súa posta en marcha como a ampla participación e representación da mesma. O rexedor, que foi quen abriu a xuntanza, explicou que se trata de poñer en común ideas, propostas e recursos para definir as actuacións a levar a cabo de forma conxunta e para que teñan o efecto esperado: unha pronta reactivación da economía local e para poder saír desta crise da forma máis rápida e, si é posible, reforzados.

A modo de introdución ás intervencións dos asistentes para expoñer as súas ideas e impresións, fíxose unha breve presentación da situación económica en Vilagarcía tras as pandemia do COVID e as accións adoptadas polo Concello dende o seu inicio, dende a paralización temporal do cobro de taxas e impostos municipais, ás axudas de carácter social, as liñas de axudas para paliar as perdas por peches ou a campaña de bonos-compra, entre outras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -