_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello inicia o venres a rolda de reunións para explicar o proxecto de humanización aos veciños do Piñeiriño

Tal como se tiña anunciado, o goberno local comezará esta semana a rolda de reunións cos veciños do Piñeiriño para explicarlles o plan integral de humanización deseñado para esta populosa zona de Vilagarcía. Dada a normativa do COVID e para evitar aglomeracións, celebraranse cinco reunións ás que se convocará a un representante de cada comunidade de veciños ou vivenda unifamiliar do barrio, organizados por rúas. O día e hora de cada reunión comunicarase aos afectados mediante a colocación de carteis nos portais afectados.
28.07.2020.- En total son 115 os números ou portais emprazados no barrio do Piñeiriño, cuxos residentes estarán representados por un único membro da comunidade de propietarios ou habitante, en caso de tratarse dunha vivenda unifamiliar. A primeira das reunións terá lugar este venres, 31 de xullo, ás 20.30 horas no Salón de Plenos do Concello, espazo que permite manter as pertinentes distancias de seguridade dos grupos que, ao dividirse en cinco quendas, contarán cun número de asistentes de entre 20 e 25 persoas.

Por parte do goberno acudirán á reunión, a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María Mochales, o concelleiro de Tráfico, José María González e a edil de Cultura, Sonia Outón, que tamén reside no barrio. Pese a que o proxecto xa se expuxera de forma global durante a pasada campaña electoral no propio barrio, con estas reunións explicarase polo miúdo aos residentes o proxecto que se pretende poñer en marcha, a xustificación do mesmo, a filosofía, as solucións de tráfico de outros servizos, ademais de resolver as dúbidas que os propios veciños poidan trasladar. Trátase de que dispoñan de información directa, precisa e completa para que comprendan a actuación que se plantea e poidan trasladar convenientemente aos resto dos residentes dos seus bloques de vivendas ou persoas coas que habiten. Para facilitar esta transmisión, tamén se lles pedirá aos asistentes un enderezo de correo electrónico para remitirlles documentación informativa.
A primeira reunión, a do venres, convocarase a un representante por portal das vivendas das rúas Fernández Gil y Casal, Camilo José Cela, Julio Camba e Avenida de Cambados (do número 9 ao 17).
As outras xuntanzas celebraranse no mesmo lugar, pero ás 19.30 horas. O calendario é o seguinte:

3 agosto: Rúas Emila Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro e Salgueiros.
4 de agosto: Camiño Fontecarmoa e rúas Wenceslao Fernández Florez e Ramón Martínez.
10 de agosto: Rúas Francisco Porto Rey, Fontecarmoa e Trevesa
11 de agosto: Rúas Fermín Bouza Brey, Alfredo Brañas, Parque e Adolfo Pedrido Morla.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -