_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Vilagarcía aposta polo audiovisual galego con “María Solinha” e “O que Arde” encabezando o ciclo de Cine na Rúa

O ciclo de Cine na Rúa que a Concellería de Xuventude organiza cada verán terá este ano un marcado acento galego grazas á presenza no cartel de dúas das películas máis importantes e recoñecidas no cine galego no último ano: Son, “O que Arde”, de Oliver Laxe e “María Solinha”, de Ignacio Vilar. A maiores destas dúas grandes citas cinematográficas, o ciclo inclúe outros oito títulos nacionais e internacionais de cine familiar que se proxectarán en distintos lugares do centro e das parroquias do rural. En total, 10 películas en 10 localizacións diferentes a proxectar entre o 28 de xullo e o 5 de setembro ao aire libre, con cadeiras e mantendo os debidos protocolos de seguridade COVID.
28.07.2020.- O cine galego, rodado en Galicia, en galeo e con actores da terra será o protagonista das xornadas de inauguración e clausura do ciclo de Cine na Rúa que organiza a Concellería de Xuventude. Despois de obter varios Goyas e numerosos premios en prestixiosos festivais de todo o mundo, o drama rural, “O que Arde” proxectarase na praia da Concha o martes, 28 de xullo.

De igual calidade pero coa diferenza de que debido á pandemia non puido estrearse comercialmente nas salas de cine de toda España como estaba previsto, a película de Ignacio Vilar estrearase en Vilagarcía o mércores 5 de agosto para clausurar o ciclo. Dada a temática do film, ambientado nos pobos mariñeiros da zona de Cangas, o lugar elixido para a proxección e Vilaxoán. Neste drama, ademais de dar a coñecer a verdadeira historia de Maria Soliña, unha veciña de Cangas queimada por bruxa no século XVII por non atender aos convencionalismos da época que limitaban ás liberdades da muller, vén a ser un berro contra a violencia machista e o atentado á liberdade que as mulleres do século XXI seguen sufrir.

Entre medias, o cine máis divertido e apto para todos os públicos percorrerá o municipio con películas de animación e títulos familiares. A axenda é a seguinte:

28 de xullo. Praia da Concha. “O que Arde”. (suspendida polo vento).
3 de agosto. Carril. “Corgi. Las mascotas de la reina”.
11 de agosto. O Piñeiriño “Mía y el león blanco”.
17 de agosto. Rubiáns. “Los Japón”.
20 de agosto. Bamio. “Shazam”.
23 de agosto. A Xunqueira. “Angry Birds 2”
27 de agosto. Castroagudín. “Padre no hay más que uno”.
28 agosto. Praia da Concha. “O que Arde”.
30 de agosto. Cornazo. “Spiderman lejos de casa”
2 de setembro. Os Duráns. “Uno más de la familia”.
5 de setembro. Vilaxoán. María Solinha


As proxeccións comezan ás 22.00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -