_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello advirte ao ocio nocturno de que imporá as máximas sancións previstas na lei a quen incumpra a normativa COVID

A evolución ao alza dos casos de coronavirus, especialmente os relacionados coas celebracións e o ocio nocturno, e a laxitude con que algúns locais están aplicando a normativa de prevención do COVID en canto a aforos, medidas de seguridade e horarios, son as razón pola que o Concello de Vilagarcía intensificará aínda máis o control e endurecerá a súa liña de actuación con establecementos que incumpran o establecido. O goberno local, volveu a convocar hoxe aos representantes do ocio nocturno da cidade para chamarlles a atención sobre a gravidade da problemática existente e para advertirlles de que se imporán as máximas sancións previstas na lei a quen incumpra a normativa.
30.07.2010.- O alcalde, Alberto Varela; presidiu esta nova reunión cos hostaleiros, neste caso cos representantes do denominado ocio nocturno, xuntanza na que tamén participou o Xefe da Policía Local. Aínda que a responsabilidade de estar informados corresponde aos propios interesados, o rexedor comezouse o encontro recordando aos hostaleiros a normativa e os protocolos que a Xunta de Galicia ditou para permitir a actividade do ocio nocturno, medidas todas elas publicadas no DOG e a disposición dos interesados. Igualmente recordóuselles as consecuencias que conlevan os incumprimentos de dita normativa. Dada a excepcionalidade da situación que estamos a vivir e a negativa evolución da pandemia, que ten un foco principal nas celebracións e ocio nocturno, dende o Concello volveu a pedir ao sector que sexan conscientes do que nos estamos a xogar e esixiulles absoluta colaboración para reducir riscos para a saúde das persoas e para evitar males maiores que puideran conducir ao peche total da actividade, a maiores das sancións que poidan impoñerse.

Por outro lado tamén se lles informou que o Concello, atendendo ao establecido pola propia Xunta de Galicia, requiriu o apoio da Policía Autonómica durante o mes de agosto para realizar as labores de control e inspección do ocio nocturno. Esta posibilidade ven recollida na Orde da Consellería de Sanidade do 30 de xuño na que, a demais de definir os protocolos en materia de ocio nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras para facer fronte á crise sanitaria, establece que “os órganos de inspección da Administración autonómica, no ámbito das súas competencias, poderán realizar as actividades de inspección e control oportunas para a vixilancia e comprobación do cumprimento das medidas de prevención aplicables”.

De igual xeito, e atendendo ao incremento poboacional que rexistra Vilagarcía en verán como municipio turístico, tamén se pedirá na reunión da Xunta Local de Seguridade o reforzo con medios da Policía Nacional e Garda Civil, como tamén o fixeron outros municipios da zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -