_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Semana de Cine arranca na praia co film “Yesterday” e música de The Beatles

A Semana de Cine organizada polo Cine Club Ádega coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía arranca mañá, mércores 5 de agosto, coa proxección ao aire libre da película “Yésterday”, á que seguirán nas vindeiras xornadas, e xa no escenario habitual do Salón García, as proxeccións de “The Farewell”, “Les Misérables” e “Nosferatu”, film mudo de 1922 que se proxectará como era propio na época, cun acompañamento musical en directo. Ademais, o Cine Club Áge renderá homenaxe ao que fora o seu presidente e principal impulsor durante anos, Luis Rodríguez Taus, recentemente falecido. Todas as sesións contarán cun coidado protocolo de prevención do COVID.
04.08.2020.- O cartel elixido este ano pola dirección de Ádega inclúe, como sempre, películas de diversas nacionalidades, moi recentes (todas do ano 2019) e galardonadas, xunto con unha peza do cine clásico. A proxección de mañá na praia a Concha comezará ás 22.30 horas e será de balde. O título elixido para este escenario é o film británico “Yesterday”, unha comedia con tintes fantásticos e cunha banda sonora composta por cancións de The Beatles.

As sesións no Salón García comezarán ás 21.00 horas, recomendándose ao público que acuda con antelación suficiente para ir procedendo á entrada de forma ordenada e sen aglomeracións. Os socios do cine club poderán asistir de balde, mentres que as demais persoas deberán abonar unha entrada de 4 euros.

O xoves proxectarase “The Farrewell”, unha comedia independente americana sobre as relacións dunha familia china emigrada a USA e os seus parentes no país asiático no que se convoca unha reunión familiar debido a enfermidade da matriarca.

Antes do inicio da proxección, o Cine Club Ádega renderá homenaxe a Luis Rodríguez Taus, presidente do colectivo durante anos, membro da federación galega de cine clubs e un dos principais impulsores da asociación vilagarciana.

O venres, será o título francés “Les Mirésables” o que se proxecte no Salón García, mentres que para a xornada de clausura re´servase un acto moi especial: a proxección da película de cine mudo “Nosferatu”, un clásico alemán do ano 1922 que contará con acompañamento musical en directo a cargo do grupo Fuzzo.

O cine club aplicará en todas as sesións un protocolo de seguridade con normas como entrada e saída dos espectadores de forma escalonada e por lugares diferentes, uso obrigatorio de máscara, distancias de seguridade, desinfección de mans co hidroxel que a organización porá a disposición dos usuarios, etc…
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -