_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello amplía o convenio con BATA para o mantemento das zonas verdes

Dentro do programa de colaboración coas distintas ONGs que desenvolven a súa actividade na cidade, o Concello decidiu ampliar o convenio coa asociación BATA (dedicada á atención ás persoas que sofren trastornos do espectro autista), nesta ocasión para o mantemento das zonas verdes do municipio. O convenio, que xa se vén desenvolvendo dende hai varios anos, viuse este ano diminuído como consecuencia da crise sanitaria do Covid-19. Agora que se está a recuperar a actividade, Concello e BATA decidiron ampliar ese contrato para así compensar eses meses perdidos.
10.08.2020. En concreto, son catro os usuarios da entidade os que exercen de operarios de xardíns, sempre acompañados por dous monitores. Ao menos ata final de ano, cando se renove o convenio, dedicarán dúas xornadas á semana a traballos para o Concello. Hoxe, en concreto, se dedicaron á instalación do sistema de rega no xardín de camelias creado no parque do Souto, en Rubiáns. Os membros de BATA estiveron tamén acompañados por traballadores municipais de Xardíns e Electricidade, e recibiron a visita do concelleiro de Medioambiente, Diego García.

Os traballos en Rubiáns rematarán esta mesma semana. Na que vén, operarios e monitores se trasladarán ao parque da Coca para realizar labores xerais de mantemento e para instalar rega nunha zona que ata o de agora carece dela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -