_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As previsións de chuvias para o sábado obrigan a trasladar o concerto de Arosa Bay ao Auditorio e os actos de Festaclown, á Peixería

As previsións de chuvia para mañá obrigan a realizar as primeiras modificacións no programa de San Roque 2020. Así, todos os actos relacionados co Festaclown –o de Troula, pola mañá, e o de Cirqueiras, en dobre sesión, pola tarde- se trasladan á praza de Peixería. Pola súa banda, o concerto de Arosa Bay cambia de escenario: do parque da Xunqueira ao Auditorio. O que non mudan son os horarios. A previsión de precipitacións para a mañá do vindeiro domingo, día 16, levan á anulación do pasacalles previstos de Latexo, Som do Lilá e Bloquinho Brasileiro con Aperta. En principio, as actividades da tarde do domingo mantéñense tal e como están programadas, incluído o concerto de Kiko Veneno na Xunqueira. Se as circunstancias meteorolóxicas cambian, se anunciará a través de distintos medios.
14.08.2020. Así pois, o programa para mañá sábado comezará ás 12:30 na praza da Peixería, coa actuación do grupo Troula e seu espectáculo "O estraño caso do dentista da rúa Brasov". O show conta a historia dun dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, que percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe e o seu estraño pasado e a súa estraña obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia , clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia.

A programación de San Roque continuará pola tarde, no mesmo espazo e cunha dobre sesión de Cirqueiras, ás 19:30 e ás 22:00 horas. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Conducida por Vanessa Rivas, o público desfrutará dunha destacada escolma de números de diferentes estilos a cargo de Raquel Veganzones, Marta Semprearriba, Ánxela Blanco e Mónica de Nut. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres.

Pola noite, ás 23:00 horas, pero no Auditorio, non na Xunqueira, será a quenda do primeiro dos concertos "Son da Casa". Trátase de Arosa Bay e seu repertorio de boleros, habaneiras, valses e cancións de sempre, pezas melódicas cantadas e acompañadas de acordeóns, corda e percusión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -