_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello contrata o proxecto da segunda fase da rede de ciclovías

O concello segue avanzando na definición da rede de ciclovías que se estenderá polas zonas urbanas. Así, esta semana decidiu contratar ao Estudio de Arquitectura Manuel Calvo, SL a redacción do proxecto básico e de execución da denominada Fase IIB da citada rede. O importe é de 18.000 euros, ive incluído, e o técnico especialista en mobilidade ten 4 meses de prazo para o seu desenvolvemento. Trátase, en definitiva, de definir completamente a rede primaria de ciclovías. A primeira parte (Fase II a) xa foi adxudicada anteriormente. Para una terceira quenda (Fase III) queda o trazado da rede periférica.
10.09.2020. No caso concreto do adxudicado esta semana, corresponde ás ciclovías que irán dende a Porta de Luz Salgada ata a Estación do Ferrocarril seguindo a avenida Juan Carlos I e pasando polo Ramal. Esta fase contempla tamén estender as vías de bicicletas por Rivero de Aguilar, O Cavadelo e Avenida da Mariña ata o parque de Miguel Hernández, que xa conta coa súa propia ciclovía que conecta co Ramal.

Como se recordará, a primeira parte da rede principal vai dende Luz Salgada ata o Piñeiriño con ramais en Ramón Cabanillas ata o instituto Castro Alobre, e na rúa Progreso para desembocar no Cavadelo (unión coa fase II b). En resume, a fase primaria busca interconectar o casco urbano de Vilagarcía e con ramais ata as estacións de autobús e ferrocarril.

Pola súa banda, a rede periférica, que se desenvolverá despois de executada a rede primaria, levará as rutas seguras para bicicletas dende o Cavadelo ata o porto de Vilaxoán (aproveitando o trazado do actual carril-bici ata Ferrazo), e ata o de Carril, seguido a avenida de Rosalía de Castro e o paseo marítimo.

A redacción dos proxectos se está levando a cabo con fondos propios. A realización mesma das obras da Fase II a (en fase de licitación) serán financiados a través da Edusi “Vilagarcía Avanza”, sufragada á súa vez nun 80% polos Fondos FEDER. Para a Fase II b (rede primaria) e Fase III (rede periférica), o goberno local está buscando financiación a través doutras vías, concorrendo, por exemplo, a outras convocatorias tamén europeas.
Lograr unha mobilidade máis sustentable, reducindo a presenza de vehículos de motor nas rúas e promovendo o transporte público ou individual en bicicleta non só é un dos eixos principais das Estratexias de Desenvolvemento Sostible e Integrado (EDUSI) que promove Europa, senón tamén do propio goberno de Alberto Varela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -