_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Londres súmase ás cidades españolas e portuguesas dende as que se remitiron as 61 propostas para as piscinas da praia

O deseño definitivo do proxecto para a construción das piscinas ao aire libre da praia da Concha-Compostela deberá elixirse entre as 61 propostas presentadas ao Concurso de ideas convocado polo Concello de Vilagarcía en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A resposta que tivo a convocatoria superou as expectativas iniciais tanto en número de propostas presentadas como no referente ás latitudes de procedencia das mesmas, xa que ademais dunha longa lista de lugares galegos e do resto do territorio español, chegaron ideas dende cidades portuguesas e ata de Londres. Pechado o prazo de recepción o pasado mércores, agora comezará o procedemento comprobación dos requisitos das bases e a posterior valoración de cada proposta por parte do xurado do concurso. Dado o elevado número de traballos, estas labores levarán varias semanas.
07.11.2020.- A concelleira de Urbanismo, Mobilidade e Fondos FEDER, Paola María, valorou moi positivamente a elevada concorrencia ao concurso e a variedade xeográfica existente. “Isto proporcionaranos diferentes xeitos de abordar o deseño das piscinas e permitirá comparar técnica e tecnoloxías utilizadas en lugares moi diferentes, co que o xurado poderá elixir o proxecto de maior calidade estética e construtiva”. A maiores das xa mencionadas ideas presentadas por profesionais de Londres e de Porto, existen propostas enviadas dende cidades das catro provincias galegas (Vigo, Miño, Ferrol, Coruña, Marín…) e do resto de España (Valencia, San Sebastián, Oviedo, Palma de Mallorca, Madrid, Santander, Alcobendas, Majadahonda, Las Palmas, Barcelona, Toledo, León, Cartagena…).

O xurado que fallará o concurso estará composto por sete membros con voz e voto e un secretario sen poder de voto. Un mínimo de dous terzos dos seus membros deberán posuír a cualificación profesional específica que se esixe aos participantes a efectos de garantir a elección da proposta de maior calidade técnica, funcional e estética. O alcalde presidirá o xurado do que formarán parte a concelleira de Urbanismo, o Arquitecto Municipal do Concello, e un arquitecto en representación da COAG, outro da Consellería de Sanidade e un da Demarcación de Costas do Estado, a maiores doutro profesional proposto polos concursantes. Como secretario actuará o funcionario municipal.

Premio en metálico e adxudicación do contrato para redactar o proxecto construtivo

O autor da proposta gañadora obterá un premio en metálico de 7.000 euros, así como a adxudicación directa da redacción do proxecto construtivo e a dirección de obra, contrato valorado en 41.000 euros máis. Ademais, concederanse un segundo premio dotado con 3.500 euros e dous accésits de 2.000 euros cada un.

A construción de piscinas ao aire libre na praia da Concha-Compostela é unha das propostas máis innovadoras incluídas no programa electoral do goberno que preside Alberto Varela para dinamizar a praia urbana, polo tanto a idea xa viña de tempo atrás. A obra incluíuse na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible EDUSI “Vilagarcía Avanza” que o Concello financia con fondos FEDER da Unión Europea, destinados a execución de actuacións de impulso deportivo, de ocio, turístico, económico, de eficacia medioambiental e sostible, que sexan modélicas e estean adaptadas ás esixencias e sensibilidades sociais do noso tempo. Por esta razón, ademais de cumprir os obxectivos marcados dende a Concellería de Urbanismo, Mobilidade e fondos FEDER e os criterios técnicos determinados polo COAG, o xurado premiará as propostas que, atendendo ás necesidades especificadas nas bases, se consideren modélicas en innovación, eficiencia y sustentabilidade enerxética.

Requisitos técnicos

Os deseños deben emprazarse na área de 7.600 metros cadrados comprendida entre a segunda e a terceira pasarela de madeira (vindo dende o piñeiral da Concha cara a Compostela). A modo orientativo, o custe máximo da obra proposta non poderá superar os 400.000 euros.

Poderán proxectarse dous ou tres vasos descubertos, con subministro de auga da traída municipal tratada con solución salina, prevendo o sistema de cobertura automático dos vasos para o seu peche nocturno e fora de tempada. A proposta debe abordar o tratamento da contorna circundante ás piscinas, incluíndo zonas de descanso e sombra, primando as cuestións de accesibilidade, sustentabilidade, as hixiénico-sanitarias e a conexión coa praia. Tamén se deberán propor sistemas de iluminación, control, mobiliario urbano, xestión de residuos, zona de vixilancia, etc…

Ademais, os deseños deberán integrar o tramo da rede do carril bici que discorre paralelo ao paseo marítimo o “carril running” ou sendeiro creado de forma natural no extremo oposto polas persoas que acoden a correr á praia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -