_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
PATRIMONIO
O Concello encarga a Citania Arqueoloxía a limpeza da contorna e diagnose dos petróglifos de Xiabre

Sacar á luz, protexer e poñer en valor os recursos arqueolóxicos do Concello é unha das liñas de actuación da Concellería de Urbanismo e Patrimonio que dirixe Paola María. Para seguir avanzando neste obxectivo levarase a cabo nos vindeiros meses unha actuación en torno aos petróglifos existentes no monte Xiabre. A Xunta de Goberno Local aprobou onte adxudicar á empresa Citania Arqueoloxía os traballos de limpeza da contorna deste xacemento prehistórico diagnose dos elementos existentes. Os traballos adxudicáronse por importe de 18.074 euros e teñen un prazo de execución de 5 meses.
10.11.2020.- A actuación programada polo departamento que dirixe Paola María ten como obxectivo descubrir os petróglifos dos que se ten constancia en Xiabre, pero que actualmente se atopan cubertos de maleza ou cuxo acceso é complicado debido á mesma, e avaliar o estado no que se atopan. Estes traballos son esenciais para determinar as futuras actuacións que se poderían levar a cabo para poñer en valor estes recursos patrimoniais, dalos a coñecer e integralos en roteiros naturais e históricos.

Así, o contrato adxudicado onte inclúe os traballos de limpeza e rozado da contorna para despexar e ter acceso aos petróglifos, a elaboración da diagnose do estado dos xacementos, o informe e memoria técnica, a fotogrametría e a dirección arqueolóxica.

Citania Arqueoloxía é unha empresa que conta con ampla experiencia neste tipo de traballos. De feito, foi a que acometeu o proxecto de posta en valor dos petróglifos de Bamio e Meadelo promovido pola Concellería de Urbanismo e Patrimonio no ano 2017.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -