MEDIO AMBIENTE
A Concellería de Medio Ambiente somete a exame ás árbores do parque Celso Emilio Ferreiro Os controis que se realizan de forma periódica nos parque públicos do Concello de Vilagarcía para previr riscos relativos á caída de árbores chegaron esta semana ao Parque Celso Emilio Ferreiro. A Concellería de Medio Ambiente someteu a exame os exemplares de maior porte e antigüidade desta área de esparexemento situada a carón do río Con. Para coñecer o estado real da saúde destas árbores, solicitouse a colaboración da Estación Fitopatolóxica do Arreiro, dependente da Deputación Provincial, que dispón de persoal e material específico para realizar os estudos.
14.11.2020.- O concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, xunto con persoal do departamento municipal de Xardíns e os técnicos de Areeiro visitaron o parque de Celso Emilio Ferreiro en dúas ocasións esta semana. Na primeira realizaron una inspección preliminar para comprobar o estado dos grandes salgueiros (sauces choróns) situados no paseo do río e outras árbores da contorna, e ver si presentaban signos aparentes de deterioro o de enfermidade. Para acadar un maior grado de concreción decidiuse realizar unha proba para determinar o estado interior dos troncos, para o cal, na segunda visita, utilizouse un resistófrafo, un aparato que vai medindo a resistencia que ofrece a madeira ao introducir no seu interior unha broca larga e fina. O estudio das densidades do tronco permite saber si presenta cavidades baleiras ou se a madeira está rebrandecida por dentro froito de podremia ou dalgunha enfermidade que debilita á árbore.
Os resultados das medicións tomadas co resistógrafo serán avaliados polos técnicos de Areeiro, que remitirán o correspondente informe ao Concello. En función destes resultados a Concellería de Medio Ambiente terá a información precisa para saber si as árbores están sans e non supoñen risco algún ou, en caso de presentar algunha afección, determinar o tipo de actuación a realiza, mediante a aplicación de tratamentos ou podas selectivas ou, nos casos de maior gravidade, proceder á tala.