_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A campaña dos bonos Son da Casa! arranca de xeito espectacular: casi 700 packs vendidos en apenas 4 horas

A campaña de bonos Son da Casa! na súa versión de Nadal arrancou hoxe dun xeito espectacular: en apenas catro horas foron vendidos 671 packs. A venda foi tanto presencial coma por internet. A presencial se desenvolveu entre as 11:00 e as 13:00 horas, nunha carpa habilitada na concello na praza de Galicia. Durante esas horas, as colas foron constantes, ata esgotar os 300 packs previstos para a xornada.
28.11.2020. Paralelamente, vía internet, na web sondacasa.vilagarcia.gal, vendéronse outros 371. Segundo os datos recollidos da plataforma de pago, na mesma mañá de hoxe xa se consumiron 200 packs. Tendo en conta que cada un custa 20 euros pero vale 30 (os dez de diferencia ponos o concello), iso quere dicir que co arranque da acción nesta mañá se puxeron en circulación 6.000 euros.

Cabe lembrar que, como novidade respecto á anterior campaña no verán pasado, nesta ocasión aqueles mil primeiros que adquiran dous packs (é dicir: pagan 40 euros e reciben 60) obterán como agasallo un vaso take away.

Para facilitar que todo o mundo poida participar na iniciativa, todos os sábados de decembro se desenvolverá a mesma acción de hoxe, habilitando unha carpa na praza de Galicia.

O concellería de Promoción Económica, que dirixe Alba Briones, agradece moi sinceramente a fantástica acollida que están tendo os bonos Son da Casa!, non xa polo que supoñen de animación da economía, senón polo que representan de compromiso persoal dos cidadáns co comercio e a hostalería locais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -