_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O concurso de decoración sostible de Nadal oriéntase este ano ás familias con nenos e repartirá premios valorados en 600 euros

As restricións sanitarias e as medidas de protección fronte ao COVID non impedirán que a Concellería de Xuventude convoque tamén este ano o Concurso de Decoración Sostible de Nadal. A diferenza da primeira edición que estivo orientada aos centros educativos do municipio, a deste ano ten como destinatarias ás familias con cativos de entre 2 e 12 anos de idade, que poderán participar coa decoración das súas propias casas e árbores de Nadal. O principal requisito é que os nenos e nenas participen de forma activa na elaboración dos adornos e que estes se fagan con material reciclado ou de refugallo. O mellor traballo recibirá como premio unha tablet valorada en 300 euros e o segundo e terceiro clasificados un lote de material didáctico e lectura valorados en 200 e 100 euros respectivamente. O prazo de inscrición remata ás 13 horas do 22 de decembro.
05.12.2020.- Dada a imposibilidade de que aulas enteiras de cativos traballen man con man na elaboración dos adornos de Nadal para engalanar as árbores do Parque Miguel Hernández, como aconteceu o ano pasado, o concurso trasládase este ano ao interior das casa dos vilagarciáns abríndose á participación do público familiar. Ademais de promover o traballo en familia, con esta iniciativa preténdese sensibilizar sobre a problemática dos residuos e sobre a importancia da reciclaxe, así como fomentar o aproveitamento e reutilización de obxectos de refugallo ou o uso de materiais naturais na fabricación dos elementos ornamentais cos que decorar as nosas casas este Nadal.

Aparte dos requisitos xa mencionados, a participación está suxeita a que os elementos decorativos sexan realizados polos menores, coa colaboración dos proxenitores. Unha vez rematada a decoración da casa ou da árbore de Nadal, deberase remitir ao Concello a inscrición no concurso acompañada dunha breve explicación onde de indique o significado da composición e a tipoloxía dos materiais utilizados, así como fotografías dos traballos. Todo isto deberá presentarse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) antes das 13.00 horas do 22 de decembro seguindo as instrucións que se poden consultar nas bases dispoñibles no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal .

O fallo do xurado darase a coñecer en xaneiro, rematadas as festas de Nadal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -