_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O campamento urbano de Nadal será “online” e amplía actividades con receitas saudables, ioga e mindfulness infantil

O campamento urbano de Nadal que organiza cada ano a Concellería de Xuventude para os cativos da cidade reinvéntase este ano para adaptarse ás normas de protección fronte ao COVID. Baixo o título de Nubelúdico, o campamento desenvolverase “online”, polo que os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos que desexen participar poderán realizar as sesións dende as súas propias casas e de forma totalmente gratuíta. A variedade de actividades que caracteriza aos programas do campamento urbano amplíase este ano con novidades como ioga e mindfulness infantil ou receitas saudables. A inscrición está aberta do 9 ao 22 de decembro e debe realizarse a través do enlace http://agoraaberta.es/nubeludico/inscricion /
05.12.2020.- Con este novo formato, a concellería que dirixe Alba Briones cumpre o obxectivo de manter as actividades de Nadal destinadas aos máis cativos da casa, proporcionando ademais unha alternativa de ocio e tempo libre coa que os nenos e nenas poidan ocupar parte do tempo das vacacións escolares de Nadal realizando actividades que combinan os contidos lúdicos e educativos. E dunha forma completamente segura, ao poder facelo dende as súas propias casa e axustándose ao horario que mellor lles conveña.

Datas e contidos das sesións

Nubelúdico desenvolverase os días 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e os días 4 e 5 de xaneiro. Cada xornada subiranse á plataforma contidos diferentes para realizar a sesión que corresponda e que terá unha duración de entre 35 e 40 minutos. As sesións terán unha forte compoñente audiovisual que se complementará con materiais de apoio descargables para completar as unidades didácticas. Baixo unha apariencia totalmente lúdica, traballarase a educación en valores como o coidado do medio ambiente, a tolerancia, a solidariedade, o respecto e fomentaranse a creatividade e a imaxinación dos cativos, ademais dos hábitos saudables. Así, segundo se explica no programa do Nubelúdico, as sesións seguirán unha estrutura que comeza cunha canción de presentación coa que realizarán sinxelos exercicios ximnásticos, seguirá cos xesticontos inclusivos cos que traballar a expresión corporal e a linguaxe de signos, en As Cartas de Lea lerán a diario unha carta remitida por nenos de diferentes países, proporán a resolución de adiviñanzas e farán xogos cos que adestrar a psicomotricidade. Tamén haberá obradoiros creativos, contacontos audiovisuais, xogos musicais con baile, un apartado gastronómico con receitas saudables e rematarán de forma relaxada con dinámicas de ioga infantil e mindfunless.

Tras a inscrición a través do enlace sinalado, cada familias recibirá a súa clave persoal e privada de acceso coa que so eles poderán conectarse a diario e ter acceso aos contidos das sesións. Para facilitar a accesibilidade, o acceso aos contidos web está garantido para calquera dispositivo, xa sexa teléfono móbil, tablet ou computador.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -